Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Folk
Música Folk
O disco Meu Canto de Uxía entra no número 7 das listaxes europeas da World Music
Xénero:
| 12 / 8 / 2011É un disco composto por 15 cancións, gravadas no Brasil xunto con Jaime Alem e co que Uxía celebrou os 25 anos de carreira artística. Meu canto, título do traballo, acaba de entrar nas listaxes europeas de World Music. Os 44 xornalistas que compoñen o xurado votaron este proxecto que figura no número sete dese listado. Pero non é a única nova positiva para a cantante galega, xa que a revista británica SONGLINES incluirá o tema Os teus ollos na compilación que incluirá a revista no seu número de outubro.
Pedro Álvarez Fariña faise co premio Mac Crimmon de gaita
Xénero:
| 9 / 8 / 2011Se a edición desde ano do Festival de Lorient non tiña abonda presenza galega, catro galegos coparon os primeiros postos no prestixioso trofeo Mac Crimmon de gaita, na categoría de gaita galega e asturiana. O gaiteiro Pedro Álvarez Fariña foi o gañador desta edición do premio, antes coñecido como Mc Callan. Jesús Sánchez, Raúl Lacilla e Pablo Dalama completan o palmarés do país. Canda a eles, o noso país conta cun posto de 200 metros cadrados no evento, no que se celebrarán concertos de Ophiusa, Cantata Vernácula e Suso Ascariz. O concerto de Luz Casal, hoxe, canda ao de Carlos Núñez e Ialma, entre outros, completan a presenza galega no evento.
Carlos Núñez premiado co Casa dos Poetas pola súa promoción da música galega
Xénero:
| 22 / 7 / 2011O Padroado da Fundación Curros Enríquez decidiu onte concederlle a 27ª edición do Premio Celanova Casa dos Poetas ao gaiteiro Carlos Núñez. “A súa contribución á dignificación e á internacionalización da cultura galega a través dun instrumento tan propio da nosa tradición musical como é a gaita”. O gaiteiro recibirá o seu galardón o 4 de setembro cando recibirá unha escultura de Acisclo Manzano e un diploma.
O Festival de Ortigueira 2011 contará con 15 concertos
Xénero:
| 28 / 6 / 2011Cinco concertos cada noite entre os días 7 e 9 de xullo. Esta é a proposta do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, que integra na súa programación figuras de peso internacional como The Elders, Skerryvore, Searson, Brian Finnegan big band ou David Pasquet. Canda a eles, poderán verse nomes coñecidos do noso panorama folk como son Berrogüetto ou Luar na Lubre, que acoden ao abeiro da programación do Ano da Música da Consellaría de Cultura. Canda a eles, o escenario da vila acollerá as actuacións do Proxecto Runas para grupos emerxentes, con Riveira, Stolen Notes e Ulträqäns a compeetir por se facer co premio desta edición, así como con The Crass, gañadores do ano pasado.
Unha semaniña de catro discos
Xénero:
| 23 / 6 / 2011O último álbum de Treixadura fecha un ciclo que coincide con vinte anos dos grupo e cunha tetraloxía discográfica, un proxecto pouco común no noso país. A seguir a liña de recuperación de cantos tradicionais e de taberna, o grupo combina agora o seu son co das bandas de música e outras corais nunha ambiciosa aposta que estará de xira polo país esta verán.
Instrumentos para as aulas
Xénero:
| 22 / 6 / 2011Dar a coñecer a grande variedade de instrumentos que existen no noso país aos máis novos. Esta é a proposta da Guía didáctica de instrumentos galegos que acaba de publicar Ouvirmos. O seu autor, Moisés Quintas fai un percorrido polos tipos e historia dos aparellos para facer música, achegando ademais exemplos do seu son.
Liorna presenta Sarahyba
Xénero:
| 9 / 6 / 2011Unha reescritura outorgándolle novos sons ás estruturas e temas dos seus comezos. Esta é a proposta que fai o grupo Liorna en Sarahyba, o disco que acaba de lanzar da man de Edicións do Cumio. O proxecto, que segue na liña folk habitual do grupo, presenta dez cancións nas que unha coidada instrumentación deixa espazo a xogos vocais, sempre partindo da tradición. Entre os temas inclúense dous que fixeron parte de Gallaecia, musical da Orquestra Sinfónica de Melide. Un concerto na Festa da Xuventude, o vindeiro 25 de xuño en Ardán é a primeira cita da xira de presentación, segundo anuncia o grupo no seu MySpace.
Aprender a tocar coa tradición
Xénero:
| 31 / 5 / 2011Cinco volumes que recollen partituras para aprender a tocar o violonchelo, a percusión, o clarinete, o violín e a trompeta. Esta é a proposta de Paseniño un sistema de aprendizaxe musical que aproveita os nosos temas tradicionais para facilitar a introducións aos intrumentos musicais. Antonio Cerviño Loira é o autor deste método que ve agora a luz da man do Consello da Cultura Galega. O proxecto vai dirixido a alumnos de grao elemental das respectivas especialidades instrumentais. Agora, podes descargar de balde a versión electrónica destas publicacións.
O Consello da Cultura presenta Paseniño, un método de aprendizaxe musical
Xénero:
| 27 / 5 / 2011Aproveitar as melodías tradicionais galegas para aprender a tocar o violonchelo, a percusión, o clarinete, o violín ou a trompeta. Esta é a proposta que fai Antonio Cerviño Loira co seu método Paseniño, que agora ve a luz da man do Consello da Cultura. A sede da institución en Compostela acolle ás 19 horas de hoxe o acto de presentación dos cincos libros que, polo momento, conforman esta iniciativa. Logo da intervención do autor e de Maximino Zumalave, coordinador da Sección de Música do Consello, desenvolverase un concerto de pezas populares a cargo de Rosalía Vázquez (violonchelo), Luís Lugo (trompeta), Lourdes Sánchez-Décima, Antonio Cerviño (piano) e a Escolanía da Catedral de Santiago de Compostela baixo a dirección de José Luis Vázquez.
Malvela gravará un disco en directo en Mos
Xénero:
| 26 / 5 / 2011O Multiusos de Mos acollerá o vindeiro 31 de marzo un especial concerto de Malvela. O grupo gravará nesta xornada o seu cuarto disco, un directo no que contará con convidados como Uxía, Carlos Blanco, Nuria Freiría, Oli Xiráldez e mais a poeta local María Magdalena. Co título de Raianas, o espectáculo percorrerá as tradicións orais e musicais das dúas bandas do Miño, e incluirá contos tradicionais desta área, así como algúns dos temas máis coñecidos do conxunto. O concerto celebrarase ás 21 horas, con entrada de balde.
REPORTAXE
Aprender das cantigas
Data.Antón Castro aproveita a nosa música tradicional para ensinar solfexo aos seus alumnos