Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Folk
Música Folk
A Orquestra Sondeseu estrea as súas Danzas brancas
Xénero:
| 16 / 12 / 2013O Centro Cultural Novacaixagalicia de Vigo acolle o vindeiro mércores 18 de decembro a estrea de Danzas Brancas. A Orquestra Folk Sondeseu protagoniza co seu cuarto traballo o Concerto de Nadal da Universidade de Vigo, nun concerto que contará coa presenza de Rushad Eggerson, Kepa Junquera e a ACD O Fiadeiro. O disco, que ve agora a luz da man de Fol Música, reinterpreta o patrimonio das danzas gremiais galega da man desta formación de corenta instrumentistas con temas propios de Anxo Pintos, Xaquín Xesteira, Xosé Liz ou Rodrigo Romani.
Fin de semana de tradición en Vigo
Xénero:
| 26 / 11 / 2013O Teatro-Cine Salesianos acolle o vindeiro 30 de novembro a partir das 19 horas a primeira edición de DeRaíz. A asociación Traspés organiza a primeira Mostra de Música e Baile Tradicional. Na mesma os seus grupos de baile, pandereteiras, pandereteiros e charanga farán un percorrido polo patrmionio musical de toda a xeografía galega e amosarán o traballo de recollida que fai o colectivo. En paralelo, o Centro Social NovaCaixaGalicia acolle a partir das 19 horas a VI Homenaxe ao Gaiteiro. Abóbriga e o Grupo Etnográfico A Buxaina, que organiza o evento, actuarán nesta cita.
A asociación Retrousos escolmará 15 anos de recollida nun disco
Xénero:
| 25 / 11 / 2013A 24 días de fechar o prazo, a asociación Retrousos de Cela (Bueu) ten xa 2.556 euros fronte aos 1.600 que solicitaba na plataforma de crowdfunding Verkami. O colectivo cumprirá así o seu obxectivo, editar Elelelos, un traballo discográfico que escolmará 15 anos de traballos de recollida de tradición oral no concello. O álbum, que sairá o vindeiro mes de febreiro e para o que aínda se poden achegar fondos, inclúe as gravacións orixinais con fichas dos informantes sobre estes temas canda a 12 temas deste patrimonio interpretados por membros da propia asociación.
Josep Martí: “Hai cen anos a música tradicional era a única opción. Hoxe é unha parcela entre outras moitas”
Xénero:
| 21 / 11 / 2013O Consello da Cultura Galega acolle esta tarde a xornada A música tradicional hoxe: perspectivas e retos. Entre os relatores, un convidado de excepción. Josep Matí, antropólogo catalán especializado en etnomusicoloxía e catedrático do Departamento de Arqueoloxía e Antropoloxía do CSIC abordará a cuestión A música tradicional ante o reto da globalización. Na súa intervención, o investigador achega a súa perspectiva sobre unha situación na que ve inevitable a evolución destes sons.
Inquedanzas Sonoras presente un novo Karaoke popular
Xénero:
| 20 / 11 / 2013A seguir a senda do Galeoke, Inquedanzas Sonoras acaba de publicar Karaoke popular. Un DVD que convida a interpretar temas da nosa tradición como A Rianxeira, Catro Vellos Mariñeiros, A saia da Carolina, O Sancristan De Coimbra. ou mesmo o Himno Galego. O proxecto, desenvolvido pola editora Ton e Son, conta con arranxos de Rafa Crespo, Rubén Troitiño e Suso Atanes e inclúen instrumentos como acordeón, ukelele, flautas, gaitas ou tamboril que, segundo a discográfica, facilitan a interpretación dos temas. O volume sairá á venda a partir do 1 de decembro a un prezo de 10,95 euros.
A danza das moscas arrinca con forza
Xénero:
| 18 / 11 / 2013Lanzouse o pasado 12 de novembro e o pasado día 15 era declarado como un dos tres finalistas dos Premios da Música de Galicia na categoría de folk. A danza das moscas, o disco debut de Caxade en solitario arrinca con forza. O volume, do que xa se adiantaran varios singles como Gente pota ou Sr. Xorda achega un total de once temas nos que se funde a música de raíz con sons indies, explorando as sonoridades dos metais e unha grande importancia do acordeón. O disco gravouse nos estudios A Ponte de Compostela e sae editado da man da plataforma Discos da Máquina a un prezo de dez euros.
Xerais lanza A miña primeira Rosalía
Xénero:
| 7 / 11 / 2013O pasado 1 de novembro presentábase no Teatro Principal de Compostela A miña primeira Rosalía. O disco editado por Xerais, segue a senda de O meu primeiro Celso Emilio e, como aquel está coordinado por Xosé e Xiana Lastra. Interpretacións de Mini, Mero, Xiana Lastra e María Manuela danlle son aos versos da poeta de padrón en doce temas como No ceo, azul crarísimo, O forno está sin pan, Negra sombra e A xusticia pola man.
O CGAC acollerá as II xornadas arredor da Música Tradicional
Xénero:
| 15 / 10 / 2013Logo do éxito da pasada edición, a Asociación de Gaiteiros Galegos recunca no Centro Galego de Arte Contemporánea coas II xornadas arredor da Música Tradicional. O encontro, que se celebrará os días 16 e 17 de novembro centrará boa parte da súa atención na música de gaita. Así, a presenza deste instrumento na música barroca ou de cámara, as súas versións en León ou Portugal ou a evolución das formacións de gaiteiros en Galicia protagonizarán diferentes relatorios.
Tiruleque di Mu!!
Xénero:
| 7 / 10 / 2013Pezas da música popular para bailar, que incorporan metais ou baixo e non rexeitan toques de swing ou de ritmos cubanos. Mu!!,o segundo traballo de Tiruleque afianza a liña de folk festeiro que o grupo apuntaba no seu primeiro disco. En total son once temas gravados nos estudios Bonham da Coruña os que interpretan os sete membros da formación, que sofreu mudanzas desde o seu primeiro traballo. O grupo presentou o álbum o pasado 27 de setembro no Club Do Mar San Amaro da Cidade Herculina.
TVG prescinde de Alalá! para a nova temporada
Xénero:
| 3 / 9 / 2013O programa de música tradicional Alalá! presentado por Pilar García Rego despedirase este vindeiro domingo dos espectadores da Televisión de Galicia coa súa entrega número 210. Segundo veñen de confirmar a través do seu perfil de Facebook o popular programa deixa de existir cun capítulo dedicado á Asociación de Gaiteiros Galegos. O programa Alalá! foi recoñecido no ano 2008 co premio Gaita de Ouro “Constantino Bellón” outrogado polo Ateneo de Ferrol, ademais de outros importantes premios conseguidos anteriormente como o galardón ao mellor programa de Tradición musical outorgado pola Academia das Ciencias e das Artes de Televisión en 2007 e o Premio Galicia Comunicación da Xunta no mesmo ano. O cambio de horario de emisión do programa en 2010, entre outras cousas, motivou daquela un comunicado da Asociación de Gaiteiros Tradicionais denunciando a diminución de tempos e presenza para a música tradicional nos medios de comunicación públicos, recalamación que fixeron chegar aos grupos parlamentarios.
REPORTAXE
Aprender das cantigas
Data.Antón Castro aproveita a nosa música tradicional para ensinar solfexo aos seus alumnos