Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Folk
Música Folk
O Obradoiro Seivane gaña o Premio Nacional de Artesanía
Xénero:
| 26 / 3 / 2014O traballo do Obradoiro Seivane na fabricación de instrumentos tradicionais, nomeadamente gaitas, foi recoñecido polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, co Premio Nacional de Artesanía. O obradoiro, fundado por Xosé Manuel Seivane Rivas continúa a fabricación a man de instrumentos cos seus fillos e netos, sendo os seus produtos recoñecidos internacionalmente. A Asociación Galega de Carpintería de Ribeira (Agalcari) resultou finalista na categoría Promociona para entidades privadas.
Roi Casal achégase ao pop no seu novo álbum
Xénero:
| 24 / 3 / 2014Cun xiro pop Roi Casal presenta Donos do noso destino, o seu terceiro álbum. O harpista achega sete novos temas de composición propia entre os que musica textos de Rosalía de Castro, Xosé María Días Castro ou William Ernest Henley. Instrumentos tradicionais como a harpa e zanfona comparten sons con guitarras eléctricas, baixos e baterías, nunha mestura na que o artista recoñece unha maior influencia pop. Logo de o presentar en Zurich a pasada fin de semana, Casal iniciará a xira de presentación do álbum cun concerto no Teatro Principal de Santiago o vindeiro 2 de abril.
O acordeón protagoniza Crossing de Andrés Penabad
Xénero:
| 13 / 3 / 2014Da man de Mandeo Records chega o debut en solitario de Andrés Penabad. Logo de participar en bandas como Muxarega ou de colaborar con bandas como Avelaíña e artistas como Kepa Junkera ou Xabier Díaz, o acordeonista presenta Crossing. O álbum, gravado nos estudios Cuarto Baleiro da Coruña, conta con colaboracións como as de Kepa Junkera, Bieito Romero, Fernando Barroso, Edelmiro Fernández, Davide Salvado ou Pedro Fariñas. A presentación aos medios farase o vindeiro 15 de marzo no Cine Alovi das Pontes.
Coñécense os finalistas dos XIII Premios Opinión
Xénero:
| 28 / 2 / 2014Budiño, con tres candidaturas a mellor disco, mellor canción e mellor artista, parte como favorito na XIII Edición do Premios Opinión de Música Folk. O xornal La Opinión publica hoxe a lista de finalistas ao certame, no que tamén destacan Najla Shami, que opta aos galardóns a mellor tema e mellor artista, e mais a Orquestra Sondeseu, que compite nos apartados de mellor tema e mellor disco. Nesta última categoría destaca a presenza de Kepa Junkera co seu Galiza e completa a lista Kérkennai con Un soño cotián de bolboretas.
Dorothé Schubarth leva o premio Andaina Senlleira de La Opinión
Xénero:
| 14 / 2 / 2014O traballo da musicóloga suíza Dorothé Schubarth na elaboración do Cancioneiro popular galego acaba de ser recoñecido co VII Premio Andaina Senlleira. Esta galardón que recoñece toda unha traxectoria de traballo a prol da nosa música está organizado polo xornal La Opinión e entrégase en paralelo aos Premios Opinión de Música Folk. O xornal adianta hoxe que a gala da XIII edición destes galardóns celebrarase o vindeiro 30 de maio no Teatro Rosalía da Coruña. Pablo Devigo, Saiva Nova, PeldeNoz e Anxo Pintos con Serxo Ces serán as acutacións que acompañarán o evento.
Berrogüetto sepárase
Xénero:
| 4 / 2 / 2014O grupo que é considerado de xeito unánime como un referente do noso folk a nivel internacional, Berrogüetto, disólvese. Así o anunciaron os seus compoñentes nunha mesaxe no Facebook da banda no cal non apuntan os motivos do abandono da súa actividade musical. Segundo sinalan na mensaxe, Isaac Palacín, Anxo Pintos, Quico Comesaña, Quim Farinha, Santi Cribeiro, Guillerme Fernández, Xabier Díaz despídense "cun sorriso, satisfeitos polo traballo realizado e polos obxectivos acadados". Foron 18 anos de carreira, unha candidatura ao Grammy Latino, cinco discos e un libro disco que agora rematan "conscientes e orgullosos do compromiso mantido sempre coa música e a cultura do país, guiándonos únicamente polo noso afán creativo e o noso propio e inconformista universo musical". A agradecer o apoio de seguidores e amigos, o grupo anuncia que anunciará en vindeiras datas unha xira de despedida polas principais vilas e cidades do país. Boa parte dos membros do grupo participan desde hai anos en proxectos musicais paralelos.
Milladoiro encabezará o cartel do XXX Festival de Ortigueira
Xénero:
| 24 / 1 / 2014O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira quere iniciar unha nova etapa a coincidir coa súa trixésima edición. Segundo anunciou onte en FITUR o alcalde da vila, Rafael Girón, Milladoiro voltará ao evento este ano como un dos pratos fortes do cartal. Ademais, o festival muda a súas datas e celebrarase entre o 17 e o 20 de xullo con vistas a se adaptar ao calendario universitario. Sen concretar máis novidades, o alcalde sinalou que o evento manterá a gratuidade, o "espírito libertario" e a calidade musical que o caracterizan.
Budiño e A Banda das Crechas visitan o Celtic Connections
Xénero:
| 23 / 1 / 2014Galicia conta un ano máis con representación no festival de música Celtic Connections de Glasgow. Budiño acode a este encontro para presentar o seu último traballo Sotaque con dous concertos os días 23 e 25 deste mes. Precisamente a revista World Music Central seleccionou o disco do gaiteiro como un dos dez mellores do mundo. Canda a el, a Banda das Crechas actúa no evento o vindeiro día 31.
Carlos Núñez repasa o legado celta no seu novo disco
Xénero:
| 22 / 1 / 2014Un repaso pola música dos países celtas nun duplo CD. Esta é a proposta que fai Carlos Núñez en Inter-Celtic, o novo disco que acaba de lanzar e que presentará cunha xira por trinta cidades de Estados Unidos entre febreiro e marzo. O traballo conta con colaboracións de músicos como The Chieftains, Altan, Alan Stivell ou Ry Cooder, e achega dezaseis temas entre pezas galegas (Muñeira de Chantada), bretoas Tro Breizh ou irlandesas.
Nelson Quinteiro debuta con Orquesta Gharbo!
Xénero:
| 20 / 1 / 2014A partir do seu traballo no espectáculo Gharbo! e noutros proxectos musicais, Nelson Quinteiro lanza o seu primeiro disco. Orquesta Gharbo! chega da man de Inquedanzas sonoras con nove temas nos que se atopa unha mestura de "tangos, muñeiras e pasodobles con alalás e con jotas", segundo explica a discográfica, sen esquecer toques pop e mesmo bravú. Reinterpretacións coloridas da tradición que contan con colaboracións a cargo de Pulpiño Viascón, Silvia Penide, Diego Ameixeiras, Alex Lorenzo e o coro de homes "Os estalotes". A presentación oficial deste traballo será no Teatro Colón da Coruña o vindeiro 7 de febreiro. O álbum, que se financiou parcialmente mediante unha campaña de crowdfunding foi gravado nos estudios da Fundación Autor SGAE de Santiago de Compostela.
REPORTAXE
Aprender das cantigas
Data.Antón Castro aproveita a nosa música tradicional para ensinar solfexo aos seus alumnos