Milladoiro encabezará o cartel do XXX Festival de Ortigueira
xaneiro 24, 2014
O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira quere iniciar unha nova etapa a coincidir coa súa trixésima edición. Segundo anunciou onte en FITUR o alcalde da vila, Rafael Girón, Milladoiro voltará ao evento este ano como un dos pratos fortes do cartal. Ademais, o festival muda a súas datas e celebrarase entre o 17 e o 20 de xullo con vistas a se adaptar ao calendario universitario. Sen concretar máis novidades, o alcalde sinalou que o evento manterá a gratuidade, o "espírito libertario" e a calidade musical que o caracterizan.
Tamén che pode interesar:
- 22/ 1/ 2018 | O Festival de Ortigueira cumpre 40 anos
- 18/ 7/ 2016 | Milladoiro presenta un CD-DVD ao vivo en Ortigueira
- 6/ 7/ 2015 | Budiño, Cristina Pato e Sharon Shannon encabezan o cartel en Ortigueira
- 5/ 6/ 2014 | O Festival de Ortigueira fecha o seu cartel para 2014
- 15/ 4/ 2014 | The Horrors e Lori Meyers encabezan o cartel do Festival do Norte