Coñécense os finalistas dos XIII Premios Opinión
febreiro 28, 2014
Budiño, con tres candidaturas a mellor disco, mellor canción e mellor artista, parte como favorito na XIII Edición do Premios Opinión de Música Folk. O xornal La Opinión publica hoxe a lista de finalistas ao certame, no que tamén destacan Najla Shami, que opta aos galardóns a mellor tema e mellor artista, e mais a Orquestra Sondeseu, que compite nos apartados de mellor tema e mellor disco. Nesta última categoría destaca a presenza de Kepa Junkera co seu Galiza e completa a lista Kérkennai con Un soño cotián de bolboretas.
AcadaCanto, pola súa banda, entran na nómina de aspirantes a mellor canción, mentres Caxade e Sérgio Tannus completan a categoría de candidatos a mellores artistas.
A gala dos premios celebrarase o vindeiro 30 de maio no Teatro Rosalía de Castro da Coruña