Coñécense os finalistas aos XII Premios Opinión
febreiro 22, 2013
Os XII Premios Opinión de música folk amosan unha grande concentración das súas candidaturas nuns poucos artistas. Así, Rodigo Romaní opta a premios nas tres categorías, Mellor Premio Orixinal, Mellor Artista e Mellor disco, o que dá fe da aceptación que o seu último disco, Arpas de Breogán está a ter entre os críticos. Detrás del, están con dúas candidaturas cada un, a Mellor Artista e Mellor Canción, Pancho Álvarez e mais Óscar Fernánez, dos Cempés. Pola súa banda, Alonso Caxade, tamén candidato a mellor artista, tamén recunca na categoría Mellor Disco dentro do grupo Peldenoz, con Jazz&Trad.
Completa a listaxe de finalistas ao mellor tema Meu nome por mar e terra, de aCadaCanto. No Mellor Disco compiten tamén Pop de Barroso e Peixoto e mais o Mar Maior de Luar na Lubre. O xurado dos galardóns destacou que nesta xeira valoraron un 30% máis traballos do que no último ano.