Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Os Premios Opinión de folk mudan as súas categorías para XI edición

OS GAñADORES DARANSE A COñECER NA PROPIA GALA

Os Premios Opinión de folk mudan as súas categorías para XI edición

FOLK | decembro 1, 2011

imaxe non dispoñible

A XI Edición dos prestixiosos Premios Opinión de Música Folk chega con novidades. Segundo anuncia hoxe o xornal La Opinión, os gañadores dos mesmos coñeceranse no transcurso da propia gala dos premios, e con anterioridade farase público un listado de catro finalistas para cada categoría. Tamén muda para tres o número de categorías do galardóns, mantendo o recoñecemento ao mellor disco folk galego do ano, engadindo o premio ao mellor disco orixinal e ao artista máis salientable. Tamén se manterá o Premio Opinión Andaina Senlleira toda unha traxectoria, que se dará a coñecer previamente á gala de entrega.