Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Nacen os Premios Galegos da Música

CONVóCAOS A ASOCIACIóN DE MúSICOS AO VIVO E TERáN ONCE CATEGORíAS

Nacen os Premios Galegos da Música

MISCELáNEA | abril 17, 2013

imaxe non dispoñible

Grupos, solistas, espectáculos, ou proxectos discográficos realizados en Galicia ou por músicos galegos poden optar a algunha das 11 categorías dos Premios Galegos da Música. A Asociación de Músicos ao Vivo convoca por vez primeira estes galardóns, que, para alén dun Premio Honorífico a toda unha carreira, os galardóns recoñecerán as categorías de Pop, Rock, Jazz, Hiphop, Clásica, Folk, Tradicional, Músicas do Mundo, Electrónica, Infantil e Orquestra de Baile. A inscrición de candidaturas é libre e gratuita e serán os membros da asociación os que voten en dúas roldas os gañadores. A gala de entrega está prevista para decembro.