Ti estás aquí > Inicio / / Rodrigo Romaní foi o gran vencedor dos XII Premios Opinión de música folk
Rodrigo Romaní foi o gran vencedor dos XII Premios Opinión de música folk
maio 27, 2013
O sábado celebrouse no Teatro Rosalía da Coruña a gala de entrega dos XII Premios Opinión de Música Folk. Un certame no que Rodrigo Romaní fixo dobrete cos premios a mellor canción (por Terra de Melide) e mellor artista do ano. Luar Na Lubre recibiu o premio a mellor disco galego de folk polo seu traballo Mar Maior. Pablo Barreiro Rivas, director do arquivo sonoro da Radio Galega e compositor, recibiu tamén o Premio Opinión Andaina Senlleira. As cantareiras Taravela, un grupo da Escola Municipal de Folclore de Betanzos e a reaparición de Dhais, que homenaxeou aos finados César Morais e Luís Areán, completaron as actuacións musicais desta gala.
Tamén che pode interesar:
- 14/ 4/ 2020 | Entre Trastes presenta o seu álbum Umami, gravado ao vivo
- 27/ 3/ 2017 | Muxicas leva o X premio Andaina Senlleira
- 2/ 7/ 2014 | Fol Música ábrese aos sons do mundo
- 2/ 6/ 2014 | Caxade leva o premio Opinión ao mellor artista folk
- 28/ 2/ 2014 | Coñécense os finalistas dos XIII Premios Opinión