Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Fol Música ábrese aos sons do mundo

O SELO ESPECIALIZADO EN FOLK ANUNCIA QUE PUBLICARá TRABALLOS DE FóRA DE GALICIA

Fol Música ábrese aos sons do mundo

MISCELáNEA | xullo 2, 2014

imaxe non dispoñible

Logo de 22 anos especializado na música folk e de raíz galega, o selo Fol Música, integraod na discográfica Boa, anúncia un cambio de orientación. Segundo explican os seus responsables nun comunicado, a boa experiencia do traballo con Kepa Junkera no seu álbum Galiza animounos a seguir as colaboracións con artistas foráneos, e apuntan agora a súa intención de se converter "nun dos selos de World Music máis interesantes do mundo". Entre os vindeiros proxectos, para alén do novo traballo de Junkera, Fol anuncia Historias de Radha y Krishna de Jorge Pardo, Gaduxo de Magín Blanco, o próximo disco de Guadi Galego ou a reedición de Ejazz con Jota de Carmen Paris entre outros álbums.

Fol ten publicado ao longo da súa traxectoria traballos de grupos e solistas como Berrogueto, Na Lúa, Leilía, Fuxan os Ventos, Os Cempés, Rodrigo Romaní, Uxia, Susana Seivane ou Budiño.