Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Entre Trastes presenta o seu álbum Umami, gravado ao vivo

O DISCO RECOLLE A ACTUACIóN DO GRUPO NA GALA DOS PREMIOS OPINIóN DE MúSICA DE 2019

Entre Trastes presenta o seu álbum Umami, gravado ao vivo

FOLK | abril 14, 2020

umami_entretrastes.jpg

Logo dunha exitosa campaña de crowdfunding o cuarteto Entre Trastes lanzou Umami, un álbum ao vivo que recolle a actuación da banda na gala dos Premios Opinión de Música de 2019. A seguir a liña da banda, o disco recolle nove temas de folk acústico interpretado polas cortas de Álvaro Iglesias (Contrabaixo), Xosé Liz (Bouzuki, Mandolina), Daniel Vilar (Guitarra acústica e española) e Hugo Franco (Guitarra acústica). Temas propios que beben da tradición musical galega, acompañada de achegas de bluegrass, música bretoa, irlandesa ou escocesa, entre outras influencias.

datos do disco