Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Entre Trastes álzase como triunfador nos XIX Premios Opinión da Música de Raíz

A FORMACIóN CONSEGUIU OS GALARDóNS AO MELLOR áLBUM E AO MELLOR TEMA ORIXINAL

Entre Trastes álzase como triunfador nos XIX Premios Opinión da Música de Raíz

FOLK | setembro 30, 2020

imaxe non dispoñible

O grupo Entre Trastes conseguiu saír como triunfador da gala dos XIX Premios Opinión da Música de Raíz que se celebrou na noite deste 29 de setembro no teatro Rosalía de Castro da Coruña. A desbancar a Germán Díaz e ás Tanxugueiras, que acumulaban o maior número de candidaturas, a formación conseguiu os galardóns nas dúas categorías ás que aspiraba. O seu Umami obtivo así o premio ao mellor álbum e a canción Candolla impúxose como mellor tema orixinal. Germán Díaz só conseguiu un dos catro galardóns aos que tiña opcións, ao recibir o de Mellor Artista, un premio no que recunca logo de o gañar tamén en 2015.

Pola súa banda, Tanxugueiras obtivo o recoñecemento á mellor adaptación dunha peza tradicional polo seu Desposorio. Tal e como estaba anunciado, a agrupación Cántigas e Frores recibíu o premio Opinión Andaina Senlleira en recoñecemento á súa carreira no campo da música e do baile tradicional. A gala, presentada por Moncho Lemos, contou con actuacións de Belém Tajes & Lilaina e do trío Quinta San Vitorio.