Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Zumaque e mais Xosé Lois Romero e Aliboria acaparan candidaturas nos XX Premios Opinión
Zumaque e mais Xosé Lois Romero e Aliboria acaparan candidaturas nos XX Premios Opinión
marzo 1, 2021
O xornal La Opinión daba a coñecer este 28 de febreiro a listaxe de finalistas á XX edición dos Premios Opinión de Música de Raíz. As bandas Zumaque e mais o proxecto Xosé Lois Romero e Aliboria encabezan as candidaturas, ao estar presentes nas catro candidaturas de que constan os galardóns, as de tema orixinal,mellor adaptación dun tema tradicional, mellor disco e mellor artista, no que compiten respectivamente Pablo Pascual e Xosé Lois Romero. Séguenos Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre, que optan a tres galardóns ao non ter no seu último traballo temas orixinais.
Fan tamén parte das candidaturas a cantautora MJ Pérez e banda de fusión Néboa, que aspiran ao mellor tema orixinal por Vai Embora! e Coidar dunhas colmeas e que abren o abano sonoro dos galardóns. Susana Seivane aparece como a outra posible mellor artista mentres Carmen Penim pode levar o recoñecemento á mellor adaptación pola súa versión de Aí vén o barco do mare. Finalmente, a banda 3 Pesos sitúa o seu álbum de debut De cando os animais cantaban nas candidaturas a mellor disco de 2020 e completa a listaxe.
Tamén che pode interesar:
- 12/ 3/ 2020 | Xosé Lois Romero e Aliboria continúan a explorar a percusión en Latexo
- 19/ 4/ 2018 | Os V Premios Martín Códax xa teñen finalistas
- 23/ 2/ 2018 | Dous e Uxía aparecen como favoritos nos XVII Premios Opinión
- 13/ 5/ 2016 | Pedro Lamas e Alberto Somoza triunfan nos Premios Opinión de Música de Raíz
- 22/ 9/ 2015 | Coetus mestura formación e concertos en Ir y venir