Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Dous e Uxía aparecen como favoritos nos XVII Premios Opinión

ESTáN PRESENTES EN TODAS AS CATEGORíAS DESTES GALARDóNS

Dous e Uxía aparecen como favoritos nos XVII Premios Opinión

FOLK | febreiro 23, 2018

imaxe non dispoñible

O xornal La Opinión publica hoxe os traballos que aspiran aos XVII Premios Opinión de Música de Raíz. Nesta xeira, destacan de xeito especial as candidaturas de Uxía e de Dous, presentes en todas as categorías dos galardóns. Así, as dúas propostas compiten polo galardón ao mellor disco, a primeira con Uxía-o e os segundos con A vaixe de Yoyo, nunha categoría na que tamén están presentes Samarúas con Prólogo e Pancho Álvarez co seu Celtis Australis.

No apartado de mellor artista, canda a Uxía e a Fernando Abreu e Pablo Carrera (membros de Dous), están nomeados o contrabaixista Álvaro Iglesias e o recentemente falecido gaiteiro Antón Varela. Finalmente, Fiandeira é o título co que Uxía compite polo premio a Mellor Tema Orixinal mentres Dous está presente con Manani. Canda a eles aspiran a este recoñecemento a banda da loba con Bailando as rúas e Samarúas con Non, tema co que suman dúas candidaturas nestes premios.