Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / / Uxía, Doa e Assembly Point fanse cos premios La Opinión de folk

A GALA DA XI EDICIóN DOS GALARDóNS CELEBROUSE O PASADO MéRCORES 16

Uxía, Doa e Assembly Point fanse cos premios La Opinión de folk

FOLK | maio 18, 2012

imaxe non dispoñible

O teatro Rosalía de Castro da Coruña acollía na noite do pasado mércores 16 a gala dos XI Premios La Opinión de música folk. Uxía levou o galardón á mellor artista do ano, un premio no que tamén se recoñecen os seus vinte anos de traballo na música de raíz. Canda a ela, o grupo Doa viu galardoado o seu álbum A fonte dos cervos como mellor traballo do ano, mentres o tema Jumping Bits de Assembly Point foi recoñecido como mellor canción. Por vez primeira, os gañadores coñecéronse por vez primeira na gala, agás o premio Andaina Senlleira, que levou Fucxan os Ventos e que xa se coñecera con anterioridade.