Fuxan os ventos leva o V Premio Andaina Senlleira de La Opinión
abril 20, 2012
A quinta edición do Premio Andaina Senlleira do xornal La Opinión recoñece a traxectoria de Fuxan os ventos. Segundo publica hoxe o xornal, a organización do galardón decidiu galardoar un traballlo que "vai alén do apartado estritamente musical" xa que "as letras das súas cancións nunca refugaron subliñar as problemáticas sociais e políticas existentes en Galicia". O grupo recollerá o premio na gala dos Premois Opinión de Música Folk, que se celebrará o vindeiro mes de maio. Precisamente en 2012 cúmprense 40 anos do nacemento deste grupo fundamental na historia da música tradicional do país.
Tamén che pode interesar:
- 11/ 3/ 2024 | Xacarandaina leva o II Premio Opinión Acontecemento Musical do Ano
- 16/ 10/ 2023 | Fuxan os Ventos e Milladoiro asinan un tema xuntos por vez primeira
- 20/ 1/ 2023 | Xa dispoñible o catálogo da exposición de Fuxan os Ventos
- 23/ 9/ 2022 | Fuxan os Ventos recibirán o Premio Martín Códax de honra
- 30/ 9/ 2020 | Entre Trastes álzase como triunfador nos XIX Premios Opinión da Música de Raíz