Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Muxicas leva o X premio Andaina Senlleira

OS GALARDóNS DE LA OPINIóN RECOñECEN A HISTóRICA FORMACIóN VIGUESA

Muxicas leva o X premio Andaina Senlleira

FOLK | marzo 27, 2017

imaxe non dispoñible

A piques de cumprir catro décadas de traballo, a banda viguesa Muxicas acaba de ver recoñecido o seu traballo co premio Andaina Senlleira. O galardón honorífico dos Premios Opinión de Música Folk valoran a traxectoria deste grupo, que ten sete discos ás costas nos que foron explorando diferentes camiños dentro da tradición. Entre os títulos que marcaron este percurso, destacan de xeito especial o álbum duplo Muxicas e Naturalmente, de 1998. O galardón entregarase o vindeiro 12 de maio na Gala dos Premios Opinión, na Coruña, un evento que contará coa actuación de TRIM, do dúo Anxo Lorenzo e Germán Díaz e mais das cantareiras de Algarada.