Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / A danza das moscas arrinca con forza

CAXADE é FINALISTA DOS PREMIOS DA MúSICA CO SEU PRIMEIRO TRABALLO

A danza das moscas arrinca con forza

FOLK | novembro 18, 2013

caxade_danza_das_moscas.jpg

Lanzouse o pasado 12 de novembro e o pasado día 15 era declarado como un dos tres finalistas dos Premios da Música de Galicia na categoría de folk. A danza das moscas, o disco debut de Caxade en solitario arrinca con forza. O volume, do que xa se adiantaran varios singles como Gente pota ou Sr. Xorda achega un total de once temas nos que se funde a música de raíz con sons indies, explorando as sonoridades dos metais e unha grande importancia do acordeón. O disco gravouse nos estudios A Ponte de Compostela e sae editado da man da plataforma Discos da Máquina a un prezo de dez euros.

MULTIMEDIA
A danza das moscas en Bandcamp
datos do disco