Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Folk
Música Folk
Marful despedirase por tempo indefinido despois do verán
Xénero:
| 3 / 7 / 2014Un parón "indefinido". Así anunciaba Ugia Pedreira, a cantante de Marful, a pausa que toma este grupo logo dunha década a explorar novos vieiros para a música de raíz. A pausa por "motivos persoais", comezará logo da xira deste verán e deixa en suspenso o proxecto do novo diso da formación. Deste xeito, o grupo apunta que os concertos destes meses serán "moi especiais". A vindeira cita para o seguidores do conxunto é o vindeiro venres 4 de xullo no III Encontro de Artesanía Tradicional e Popular de Galicia que se celebra en Agolada. A xira rematará o vindeiro 8 de outubro nas festas do San Froilán en Lugo. Ugia Pedreira tamén se retirará asimesmo doutros proxectos musicais, segundo asegurou nunha entrevista a La Voz de Galicia.
Xistra de Coruxo amplía fronteiras con A Charurga
Xénero:
| 5 / 6 / 2014"Mitade charanga, mitade murga" é como definen Xistra de Coruxo o seu último álbum. A Charurga presenta dezaseis temas nos que estes músicos queren revivir "aquel proceso galeguizador que os nosos antecesores fixeron con todo tipo de melodías, incluídas as de procedencia non galega, e que agora forman parte do arquivo da Asociación Gaiteiros dá Xistra". Ghotas, pasodobres, polcas ou rumbas conviven con muiñeiras, marchas procesionais, cantos de caberna e mesmo un samba. Segundo explica na presentación do traballo "son melodías e ritmos popularizados por cuartetos, murgas, charangas e mesmo por aquelas incipientes orquestras da primeira metade do século XX que neste proxecto aparecen unificadas, reharmonizadas e reinterpretadas dun xeito libre".
O Festival de Ortigueira fecha o seu cartel para 2014
Xénero:
| 5 / 6 / 2014Os irlandeses Moxie, a escocesa Treacherous Orchestra, os Bretóns Bagad Kemper e Red Carrel, Pepe Vaamonde, a Anxo Lorenzo Band e o Quinteto Bellón Maceiras fan parte do cartel do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, que celebra este ano a súa XXX Edición. No entanto, son os concertos de Milladoiro e de The Chieftains os que erguen máis espectación no evento que se celebra entre o 17 e o 20 de xullo. A estas propostas sumaranse as actuacións da Royal Burgh of Renfrew Pipe Band e mais da Dominic Graham School of Irish Dance.
A Quenlla musica a Díaz Castro en Desorballando Outonos
Xénero:
| 4 / 6 / 2014Quince poemas de Díaz Castro musicados son a proposta que fai o grupo A Quenlla en Desorballando Outonos. O novo disco da formación, que chega só 2 meses despois do seu último traballo, recupera uns versos do homenaxeado no Día das Letras "que amosan ao autor en distintas situacións e distintos intres da súa vida, para poñerlles a harmonía recreada nos seus soños e nos nosos anceios, con voz sobre a sinfónica orquestración da Terra e no preciso poemario que máis o define", segundo explica a presentación do traballo. Gravado nos estudios do Concello de Arzúa, o proxecto presentouse ao público o pasado 18 de maio no marco da I Festa da Fala de Guitiriz.
Tonecho Castelos & Pablo Esqueira debutan Nas Mariñas
Xénero:
| 3 / 6 / 2014Da man de Inquedanzas Sonoras está xa nas tendas Nas Mariñas, o disco de debut do dúo Tonecho Castelos & Pablo Esqueira. Temas tradicionais e composicións de autor con aire folk altérnanse nun traballo que parte do encontro entre o violín e o acordeón como base, acompañados por instrumentos como o bouzouki ou o piano. O proxecto conta tamén cunha versión didáctica pensada para un público familiar.
Caxade leva o premio Opinión ao mellor artista folk
Xénero:
| 2 / 6 / 2014A XIII Edición dos Premios Opinión de Música Folk tivo en Xosé Manuel Budiño o seu grande vencedor. O gaiteiro de Moaña levou o premio ao mellor álbum polo seu traballo Sotaque e o de mellor tema por Déixame adiviñar, composto canda a Carlos Blanco. Pola súa banda, Alonso Caxade obtivo o galardón ao mellor artista. Na gala, que se celebrou o pasado venres no teatro Rosalía de Castro da Coruña a musicóloga Dorothé Schubarth foi galardoada co premio Andaina Senlleira.
O Obradoiro de Gaitas Seivane obtén a Medalla Castelao
Xénero:
| 28 / 5 / 2014O Consello da Xunta aprobou esta mañá os galardoados coas Medallas Castelao deste ano. Os galardóns, que distingue "aqueles galegos e galegas autores dunha obra merecente do recoñecemento do seu pobo en calquera faceta da actividade humana", van este ano para o Obradoiro de Gaitas Seivane; o procurador e actual secretario xeral de Unión Profesional, Juan Carlos Estévez Fernández-Novoa; Pilar Iglesias Osorio, fundadora de AFAMMER (Asociación de Familias e Mulleres do Medio Rural); Francisco Javier Pitillas Torra, policía local vigués e adestrador de atletas invidentes e a ex-eurodeputada Carmen Fraga Estévez.
Luar na Lubre conta a historia dos milesians en Torre de Breoghán
Xénero:
| 28 / 5 / 2014Os vindeiros 21 e 22 de xuño o Palacio da Ópera da Coruña acolle a estrea do espectáculo Torre de Breoghán. A Orquestra Sinfónica de Galicia colabora con Luar no Lubre no último proxecto deste grupo, que fusiona música e efectos visuais e que busca pórlle música á historia da invasión de Irlanda polos Milesians, descendentes de Breogán. A iniciativa, que conta con arranxos orquestrais de Nani García e escenografía de Franc Aleu, completarase coa gravación dun CD e inclúe tamén a elaboración dun filme que dirixirá Jorge Coira.
O folclore das procesión protagoniza os XV Encontros de Música Tradicional
Xénero:
| 26 / 5 / 2014Cabezudos, feira de artesanía, un xantar popular, a procesión de Santa Ferreña ou a sesión vermú son algunhas das actividades que se celebrarán o vindeiro 7 de xuño no mosteiro de Carboeiro, en Silleda. Os XV Encontros de Música Tradicional voltan a esta localidade cun especial interese no folclore vencellado ás procesións, un tema que protagoniza a exposición temporal desta xeira. Os contos de Celso F. Sanmartín, os títeres de Fantoches Baj e, como non, a tradicional foliada fan parte do programa.
Manobras orquestrais na tradición
Xénero:
| 26 / 5 / 2014O pasado sábado presentábase na Coruñaa Orquestra de Música Tradicional Galega. A seguir o exemplo da xa veterana Orquestra Sondeseu, desde Vigo, son varias as iniciativas, tanto en Galicia como fóra, que apostan por este tipo de formacións para traballar os sons tradicionais. Un xeito diferente de experimentar e de crear puntos de encontro para os intérpretes.
REPORTAXE
Aprender das cantigas
Data.Antón Castro aproveita a nosa música tradicional para ensinar solfexo aos seus alumnos