O Festival de Ortigueira fecha o seu cartel para 2014
xuño 5, 2014
Os irlandeses Moxie, a escocesa Treacherous Orchestra, os Bretóns Bagad Kemper e Red Carrel, Pepe Vaamonde, a Anxo Lorenzo Band e o Quinteto Bellón Maceiras fan parte do cartel do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, que celebra este ano a súa XXX Edición. No entanto, son os concertos de Milladoiro e de The Chieftains os que erguen máis espectación no evento que se celebra entre o 17 e o 20 de xullo. A estas propostas sumaranse as actuacións da Royal Burgh of Renfrew Pipe Band e mais da Dominic Graham School of Irish Dance.
No marco do proxecto Runas para grupos noveis está prevista a actuación dos vascos Ruaille Buaille, gañadores do certame do pasado ano, así como dos tres grupos que aspiran a vencer nesta edición, Xabi Aburruzaga (País Vasco), Cuarteto Caramuxo (Galicia) e Tiruleque (Galicia). Como novidade nesta edición, o Festival convoca os concursos Runas para cuartetos tradicionais galegos e gaiteiros solistas, que teñen aberto o prazo de inscrición ata o vindeiro 30 de xuño.
Tamén che pode interesar:
- 18/ 7/ 2016 | Milladoiro presenta un CD-DVD ao vivo en Ortigueira
- 21/ 8/ 2015 | O Festival de la Luz fecha cartel con 41 grupos
- 6/ 7/ 2015 | Budiño, Cristina Pato e Sharon Shannon encabezan o cartel en Ortigueira
- 7/ 2/ 2014 | Amaral e The Gift encabezan o cartel do FIV 2014
- 24/ 1/ 2014 | Milladoiro encabezará o cartel do XXX Festival de Ortigueira