Caxade leva o premio Opinión ao mellor artista folk
xuño 2, 2014
A XIII Edición dos Premios Opinión de Música Folk tivo en Xosé Manuel Budiño o seu grande vencedor. O gaiteiro de Moaña levou o premio ao mellor álbum polo seu traballo Sotaque e o de mellor tema por Déixame adiviñar, composto canda a Carlos Blanco. Pola súa banda, Alonso Caxade obtivo o galardón ao mellor artista. Na gala, que se celebrou o pasado venres no teatro Rosalía de Castro da Coruña a musicóloga Dorothé Schubarth foi galardoada co premio Andaina Senlleira.
Tamén che pode interesar:
- 30/ 9/ 2020 | Entre Trastes álzase como triunfador nos XIX Premios Opinión da Música de Raíz
- 27/ 3/ 2017 | Muxicas leva o X premio Andaina Senlleira
- 22/ 5/ 2014 | Triángulo de Amor Bizarro aspira a 5 dos Premios da Música Independente
- 28/ 2/ 2014 | Coñécense os finalistas dos XIII Premios Opinión
- 14/ 2/ 2014 | Dorothé Schubarth leva o premio Andaina Senlleira de La Opinión