Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Xistra de Coruxo amplía fronteiras con A Charurga

O NOVO DISCO DA BANDA ADAPTA TEMAS FORáNEOS AOS RITMOS GALEGOS

Xistra de Coruxo amplía fronteiras con A Charurga

FOLK | xuño 5, 2014

a_charurga_xistra_de_coruxo.jpg

"Mitade charanga, mitade murga" é como definen Xistra de Coruxo o seu último álbum. A Charurga presenta dezaseis temas nos que estes músicos queren revivir "aquel proceso galeguizador que os nosos antecesores fixeron con todo tipo de melodías, incluídas as de procedencia non galega, e que agora forman parte do arquivo da Asociación Gaiteiros dá Xistra". Ghotas, pasodobres, polcas ou rumbas conviven con muiñeiras, marchas procesionais, cantos de caberna e mesmo un samba. Segundo explica na presentación do traballo "son melodías e ritmos popularizados por cuartetos, murgas, charangas e mesmo por aquelas incipientes orquestras da primeira metade do século XX que neste proxecto aparecen unificadas, reharmonizadas e reinterpretadas dun xeito libre".

O álbum, editado pola Asociación Gaiteiros da Xistra, foi gravado en Blanca Records e está distribuído por Inquedanzas Sonoras.

AUDIO
Fragmento de Portos, de A Charurga
AUDIO
Fragmento de Teixugo de A Charurga
datos do disco