Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Rock
Música Rock
Heredeiros da Crus reeditan os seus catro primeiros discos
Xénero: | 28 / 6 / 2016
A banda de rock nacida no Barbanza en 1992 vive a súa segunda xuventude e exhibe músculo reeditando catro dos seus primeiros discos, todos do século pasado, que estaban esgotados e descatalogados ata agora. Un digipack reúne estas catro gravacións baixo a denominación 1992-1999 (Fol Música). Xunto cun póster da banda poderemos encontrar neste paquete o seu primeiro disco A cuadrilla de Pepa a Loba (1994) ; ¡¡Está que te cajas!! (1995); Des Minutos (1997) e Erecsiones munisipales (1999).
O sol dos Resentidos volve saír
Xénero: | 20 / 6 / 2016
A banda comandada por Antón Reixa comezou a súa volta de honra aos escenarios en 2012 para conmemorar os trinta anos da súa creación, froito daquilo foi o disco e posterior xira A tribo toda baila. A cousa non quedou aí e cando este ano se cumprían trinta anos da saída do seu disco máis celebrado “Fai un sol de carallo” a banda volveu xuntarse nun concerto o 2 de marzo no Teatro Principal de Ourense. Acompañados por A Lira Big Band de Ribadavia, Antón Reixa e os seus reinventaron o seu disco creando “Fai un sol de carallo-Suite”. Warner Music saca agora o disco gravado nesa ocasión en formato CD + DVD con todo o espectáculo. A través dos 26 temas deste disco redescóbrese a vixencia musical d’Os Resentidos no seu disco máis recordado por grandes éxitos como Sector Naval, Galicia Sitio Distinto, Sexo Macumba e Galicia Caníbal entre outros. Ademais do acompañamento da máis que centenaria banda A Lira o concerto contou coa colaboración de outros músicos como Ses, Sito Sedes ou Roberto Sobrado. A gravación preséntase como una homenaxe d’Os resentidos a todos os músicos populares de Galicia.
O Cultura Quente colle forzas na súa nova xeira
Xénero: | 26 / 4 / 2016
O pasado verán resucitaba logo de tres anos en silencio, e agora amosa a súa intención de volver a ser un referente no circuíto de festivais. A organización do Cultura Quente de Caldas daba a coñecer estes días o cartel do evento para este 2016. Un programa de dous días (un máis do que en 2015) no que visitarán a carballeira da vila Los Enemigos, Supersuckers, Marky Ramone, Ilegales, El Drogas, Siniestro Total, The Soul Jacket, Havalina e Agoraphobia. Como novidade, a recadación das cotas por acampar irá integramente destinada aos refuxiados sirios.
NAO presenta o duplo EP Soñar-Crear
Xénero: | 20 / 4 / 2016
Santiago de Compostela acollía onte, 19 de abril, a presentación do novo proxecto discográfico de NAO. Trátase dun duplo EP que, co título Soñar-Crear sae en dúas partes e achega un total de nove composicións novas. En concreto, onde saía á luz a primeira parte, Soñar, que xa está dispoñible para libre descarga no web da banda. O disco, producido e gravado por Iago Pico, produtor dos seus últimos traballos, amosa "probablemente o son máis potente gravado" polo grupo nos seus catro temas. A edición física do mesmo incluirá ademais as versións que fixeron de Venceremos Nós e Porque este soño é necesario para un soño.
Malkeda volta con Cumulonimbo
Xénero: | 13 / 4 / 2016
O día oito de abril saía á luz Cumulonimbo, o terceiro traballo de longa duración dos pontevedreses Malkeda. A banda achega doce novos temas nos que continúa a súa exploración do NU Metal e que saen á luz grazas a unha exitosa campaña de crowdfunding. Nesta ocasión o grupo conta con colaboracións como as de Loko23 (Delahoja), o triatleta Javier Gómez Noya ou Alberto Cereijo de Los suaves entre outros. O álbum gravouse nos estudios Planta Sónica II, Villa Angelina e Zoilo Unreal Studios de Vigo. A Sala Aquilón de Laracha, o día 15, e a Malatesta Compostela o 21 son as primeiras paradas na xira de presentación.
Mutant reinvéntase con Pleiades
Xénero: | 7 / 3 / 2016
Logo do EP Social Misfits e de Titanomakhia, a banda anteriormente coñecida como Mutant Squad reinvéntase para o seu novo traballo. Mutant está en plena xira de presentación de Pleiades, un álbum de oito temas autoeditado e financiado mediante crowdfunding. Na súa evolución, a banda aposta por sons máis progresivos e elaborados sen abandonar a súas coordenadas de trash metal. O trío compostelán achega composicións longas e incorpora a Xalo a substituír a Campi no baixo e como acompañamento vocal. As vindeiras paradas do proxecto no noso país serán o vindeiro 18 de marzo no 981 United da Coruña e o 8 de abril en La Fábrica de Chocolate, en Vigo.
Familia Caamagno presenta en Compostela o seu novo traballo
Xénero: | 1 / 3 / 2016
Un mini-LP con seis temas que gravaron nos estudios Circo Perroti de Xixón. Esta é a proposta de de Familia Caamagno con Para unha vez que saímos. O álbum que edita Lixo Urbano, inclúe temas como Lausanne (on my mind) e O Tempo do Lobo, e preséntase ao público o vindeiro 4 de marzo cun Guateque Extremo na Sala Capitol no cal o grupo estará acompañado de Cool Funeral. Rock and roll acelerado, toques lisérxicos e esencia garaxe manteñen o espírito irreverente do grupo.
Miguel Costas segue ao pé do cañón con No me cuentes tu vida
Xénero: | 5 / 2 / 2016
Inasequible ao desalento Miguel Costas, antigo membro de Siniestro Total, continúa a súa andaina e presenta o seu cuarto álbum en solitario . No me cuentes tu vida, dispoñible a partir de hoxe, segue a liña de rock clásico que caracteriza o músico vigués, con letras cheas de ironía e crítica. Doce temas con títulos como Leonor, Carne de cañón ou Botellón e De palisandro, que foron os singles de presentación. O álbum está editado por Warner Music Spain e polo momento non hai datas para a súa presentación en Galicia.
I'm Home presenta a Cora Sayers
Xénero: | 27 / 1 / 2016
Unha voz melódica que se achega aos rexistros do rock acompañada por potentes guitarras de aire grunge. Cora Seyers, alter ego da actriz pontevedresa Cora Velasco, preséntase ao público co seu primeiro LP I'm Home. Gravado nos estudios Montealto da Coruña, o álbum achega doce temas en inglés nos que a cantante e guitarrista está acompañada por Nico Lysergic á batería, G. Isanda e Laura Solla ás guitarras e Pedro García ao baixo. A xira de presentación deste traballo, que inclúe concertos eléctricos e en acústico, levará a banda a Lugo (Pub Clavicémbaldo, 3 de febreiro), Oviedo (La Salvaje, 19 de febreiro) e Cangas (Salason, 26 de marzo).
En Casa del Herrero volta cun álbum duplo
Xénero: | 26 / 1 / 2016
Un ambicioso álbum duplo fai o número tres da discografía de En Casa del Herrero. O grupo acaba de publicar Tradicción, un proxecto que combina os once temas orixinais de Adicción, que é o primeiro volume desta obra, coas versións acústicas de clásicos en Tradición, título da segunda entrega. Para alén de temas en castelán e inglés, o grupo canta por vez primeira en galego con Mirade para o meu pequeno. O conxunto que lidera Eduardo Herrero segue a súa aposta polos sons dos folk-rock americano e mantén a formación con Carlos Clérins, Pepe Lamas (baixo), Jorge Quesada (órgano e piano) e Óscar Quintáns (batería). Ademais, o álbum contou con colaboracións como a de Javier Cedrón, Xavier Facal, Mar Blanco ou Daniel López. A gravación realizouse no estudios Son Natural de Rois e Mandeo Records.
REPORTAXE
Campamento Compostela
Data.Os Concertos do Novo do Milenio atraeron a Compostela milleiros de afeccionados à música


