Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Mutant reinvéntase con Pleiades

O TRíO ANTES COñECIDO COMO MUTANT SQUAD AMOSA A SúA EVOLUCIóN CUN NOVO DISCO

Mutant reinvéntase con Pleiades

ROCK | marzo 7, 2016

pleiades_mutant.jpg

Logo do EP Social Misfits e de Titanomakhia, a banda anteriormente coñecida como Mutant Squad reinvéntase para o seu novo traballo. Mutant está en plena xira de presentación de Pleiades, un álbum de oito temas autoeditado e financiado mediante crowdfunding. Na súa evolución, a banda aposta por sons máis progresivos e elaborados sen abandonar a súas coordenadas de trash metal. O trío compostelán achega composicións longas e incorpora a Xalo a substituír a Campi no baixo e como acompañamento vocal. As vindeiras paradas do proxecto no noso país serán o vindeiro 18 de marzo no 981 United da Coruña e o 8 de abril en La Fábrica de Chocolate, en Vigo.

datos do disco
Ligazóns