I'm Home presenta a Cora Sayers
xaneiro 27, 2016
Unha voz melódica que se achega aos rexistros do rock acompañada por potentes guitarras de aire grunge. Cora Seyers, alter ego da actriz pontevedresa Cora Velasco, preséntase ao público co seu primeiro LP I'm Home. Gravado nos estudios Montealto da Coruña, o álbum achega doce temas en inglés nos que a cantante e guitarrista está acompañada por Nico Lysergic á batería, G. Isanda e Laura Solla ás guitarras e Pedro García ao baixo. A xira de presentación deste traballo, que inclúe concertos eléctricos e en acústico, levará a banda a Lugo (Pub Clavicémbaldo, 3 de febreiro), Oviedo (La Salvaje, 19 de febreiro) e Cangas (Salason, 26 de marzo).