Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / En Casa del Herrero volta cun álbum duplo

TRADICCIóN MESTURA TEMAS PROPIOS CON VERSIóNS

En Casa del Herrero volta cun álbum duplo

ROCK | xaneiro 26, 2016

tradiccion_en_casa_del_herrero.jpg

Un ambicioso álbum duplo fai o número tres da discografía de En Casa del Herrero. O grupo acaba de publicar Tradicción, un proxecto que combina os once temas orixinais de Adicción, que é o primeiro volume desta obra, coas versións acústicas de clásicos en Tradición, título da segunda entrega. Para alén de temas en castelán e inglés, o grupo canta por vez primeira en galego con Mirade para o meu pequeno. O conxunto que lidera Eduardo Herrero segue a súa aposta polos sons dos folk-rock americano e mantén a formación con Carlos Clérins, Pepe Lamas (baixo), Jorge Quesada (órgano e piano) e Óscar Quintáns (batería). Ademais, o álbum contou con colaboracións como a de Javier Cedrón, Xavier Facal, Mar Blanco ou Daniel López. A gravación realizouse no estudios Son Natural de Rois e Mandeo Records.

datos do disco