Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Malkeda volta con Cumulonimbo

A BANDA INICIA EN LARACHA A XIRA DE PRESENTACIóN DO SEU NOVO TRABALLO

Malkeda volta con Cumulonimbo

ROCK | abril 13, 2016

cumulonimbo_malkeda.jpg

O día oito de abril saía á luz Cumulonimbo, o terceiro traballo de longa duración dos pontevedreses Malkeda. A banda achega doce novos temas nos que continúa a súa exploración do NU Metal e que saen á luz grazas a unha exitosa campaña de crowdfunding. Nesta ocasión o grupo conta con colaboracións como as de Loko23 (Delahoja), o triatleta Javier Gómez Noya ou Alberto Cereijo de Los suaves entre outros. O álbum gravouse nos estudios Planta Sónica II, Villa Angelina e Zoilo Unreal Studios de Vigo. A Sala Aquilón de Laracha, o día 15, e a Malatesta Compostela o 21 son as primeiras paradas na xira de presentación.

datos do disco
Ligazóns