Ti estás aquí > Inicio / / Familia Caamagno presenta en Compostela o seu novo traballo
Familia Caamagno presenta en Compostela o seu novo traballo
marzo 1, 2016
Un mini-LP con seis temas que gravaron nos estudios Circo Perroti de Xixón. Esta é a proposta de de Familia Caamagno con Para unha vez que saímos. O álbum que edita Lixo Urbano, inclúe temas como Lausanne (on my mind) e O Tempo do Lobo, e preséntase ao público o vindeiro 4 de marzo cun Guateque Extremo na Sala Capitol no cal o grupo estará acompañado de Cool Funeral. Rock and roll acelerado, toques lisérxicos e esencia garaxe manteñen o espírito irreverente do grupo.