Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Coral
Música Coral
A RAGBA celebra o 175 aniversario con música
Xénero:
| 22 / 10 / 2024A Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA) e o Concello da Coruña presentaron 'Os concertos do centenario', tres concertos para conmemorar o 175 aniversario da fundación da RAGBA. Os días 6, 7 e 8 de novembro terán lugar no Teatro Colón da Coruña, ás 20:00 horas, tres concertos nos que participarán as corais e orquestras decanas da cidade da Coruña: Cántigas da Terra; Coral Polifónica El Eco; Coral Polifónica Follas Novas; Coral Polifónica Sporting Club Casino; Banda Militar (Unidad de Música del Cuartel General del Mando de Apoyo a la Maniobra); a Orquestra Sinfónica do Conservatorio Superior de Música; e a Banda Municipal de Música.
Falece Eladio Quevedo, histórico director da Coral de Ruada
Xénero:
| 23 / 8 / 2023Eladio Quevedo, que foi presidente da Coral de Ruada de Ourense entre 2002 e 2015, falecía este 22 de agosto aos 82 anos idade. Quevedo estivo implicado desde a súa infancia nesta histórica formación a tocar diferentes instrumentos e desempeñar distintos postos na súa directiva ata ocupar a presidencia.
Máis seis milleiros de persoas forman parte dalgunha coral galega
Xénero:
| 22 / 11 / 2022En Galicia hai 266 corais que agrupan a unhas 6100 persoas. O 70 % dos integrantes destas entidades teñen máis de 60 anos, son maioritariamente mulleres e a súa formación é autodidacta, malia que están dirixidas por profesionais titulados. É o perfil das formacións que describe o informe "As corais en Galicia", o primeiro estudo sobre esta realidade que acaba de elaborar o Observatorio da Cultura Galega, servizo dependente do Consello da Cultura Galega (CCG). O informe, que xa está dispoñible na web do organismo para a súa descarga, presentouse no marco da xornada 'As corais: dinamizadoras imprescindibles do tecido cultural galego', que busca achegarse á importante función divulgativa e pedagóxica que desempeñan as corais e profundar no seu papel como forzas vertebradoras e dinamizadoras do tecido cultural.
Unha praza en Ourense para a Coral de Ruada
Xénero:
| 9 / 5 / 2019Desde hoxe mesmo unha praza da cidade de Ourense leva o nome de Praza Coral de Ruada en homenaxe da cidade a esta agrupación centenaria. A praza situada na confluencia da rúa Xoán de Novoa e a Avenida de Bos Aires da capital provincial será a que lucirá o nome deste colectivo que recentemente celebraba os seus cen anos de vida e actividade cultural e que era obxecto dun expediente de honra aberto por acordo dos catro grupos políticos con representación municipal e contando co apoio de 1.800 persoas que se sumaron a esta proposta, igual que numerosas asociacións e entidades culturais. O alcalde, a Corporación e representantes da Coral participaron nos actos que se desenvolveron primeiro no salón de plenos e posteriormente na propia praza. Nesta descubriuse a placa que lle dá o nome da Coral de Ruada "como mostra de recoñecemento e gratitude da nosa cidade a unha das agrupacións máis senlleiras e queridas, a nosa provincia. Unha fonte inesgotable de amor á nosa música, á cultura galega e as nosas tradicións, embaixadora da nosa terra en todo o mundo, sinal identitario e sementadora de paixón por Ourense e de paixón por Galicia", sinalou o alcalde.
No bico un cantar leva á raia a música e a poesía na súa sétima edición
Xénero:
| 11 / 3 / 2019Coa vontade de "borrar a raia" segundo explicou Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega, a sétima edición de No bico un cantar celebrarase o vindeiro 7 de xuño en Tui. A sede do Consello da Cultura Galega en Compostela acollía esta mañá a presentación desta actividade na que colaboran esta institución, a Consellaría de Educación, a de Cultura, o Concello e mais sete conservatorios e trece escolas de música. Desta volta, o repertorio estará composto polas composicións San Campio. Romaría Galega, adaptación dun poema de Manuel Lago González musicado por Torres Creo; Veira d´o mar, do vigués Pío Lino Cuíñas con música de Reveriano Soutullo; a composición popular portuguesa Ó rama, ó que linda rama e, como é habitual, a versión do Maio longo de Rosalía de Castro realizada por José Baldomir.
A Coral De Ruada recibirá o Premio Trasalba
Xénero:
| 5 / 4 / 2018A Fundación Otero Pedrayo daba a coñecer onte o fallo do Premio Otero Pedrayo. Nesta xeira, e por segunda vez na historia do galardón, un colectivo, a ourensá Coral de Ruada, foi a recoñecida con esta homenaxe. Segundo explicou o presidente da Fundación, Xoán Luis Saco, a entidade supón un "exemplo do esforzo eficaz, xeneroso e desinteresado, mantido ao longo dun século, por centos de homes e mulleres que integraron a mesma, sempre impulsando a música, o canto, o baile desde unha óptica de transversalidade e compromiso, en circunstancias históricas tan diversas como as que van desde 1918 a 2018".
Doce corais infantís únense nun disco a prol do Monte Pindo
Xénero:
| 2 / 7 / 2014Co fin de conseguir fondos para apoiar os traballos de reforestación do Monte Pindo, doce corais infantís galegas e de diferentes partes do Estado uníronse no disco El bosque encantado. Un total de 400 nenos e nenas participan neste proxecto editado por Microrec Producciones e que se pode aquirir por 15 euros no web da Asociación Monte Pindo Parque Natural. Segundo explica o web deste colectivo, no traballo mésturanse "música tradicional, espiritual, versións de música pop e ata composicións inéditas feitas para a ocasión, coma a peza elixida para o adianto do disco, O Son do Bosque, do Colexio Montespiño".
O Real Coro Toxos e Froles publica o disco do seu centenario
Xénero:
| 30 / 5 / 2014Un repaso polos temas que marcaron a súa historia é a primeira proposta que fai o Real Coro Toxos e Froles de Ferrol para conmemorar o centenario que cumpre en 2015. 100 anos achega 14 temas entre so que se atopan clásicos de Pascual Veiga ou Juan Montes ou as foliadas de Comba, de Corrubedo e de Cortegada, as pandeiradas de Lamas e do Grobe, ou cancións como Lonxe da terriña, Ferrolada e San Benitiño, entre outras. O Teatro Jofre de Ferrol acolle mañá o concerto co que se inician as celebracións do centenario e que servirá de presentación do novo traballo. A partir das 22:30, a formación actuará acompañadao da Coral de Ruada de Ourense e do grupo de baile Cantigas e Agarimos, de Santiago de Compostela. O álbum, editado por PAI Música gravouse no estudio Casa de Tolos.
O coro Cantares do Brión publica o seu primeiro disco de repertorio
Xénero:
| 28 / 5 / 2014O Coro Tradicional Cantares do Brión naceu en 2010 e recolle neste seu primeiro disco de título Arruídos o repertorio destes catro anos de actividade musical. Ademais de pezas tradicionais dos catálogos doutros coros máis veteranos como Aires da Terra, Cántigas da Terra, Cantigas e Agarimos, Coral De Ruada e Toxos e Froles Arruídos inclúe obras de nova creación, composición dos membros do coro Luís Correa “Caruncho” e Pablo Rial Salgueiro, que é o director da agrupación, súas son as pezas Tríadas do vento no mar, Camiño de Ourense, Na Touba do Brión, Foliada de Vincios, Has de cantar; e outras con harmonización e arranxos para coro como é O carro, de Mero Iglesias, con letra de Manuel María. Cantares do Brión está integrado na actualidade por 60 persoas, a maioría delas do Val Miñor, fundamentalmente da parroquia de Vincios, pero tamén doutras comarcas como O Condado, O Baixo Miño, Soutomaior ou Vigo. O disco foi gravado no Centro Cultural de Vincios por Planta Sónica e mesturado en Planta Sónica.
A segunda edición de No Bico un cantar homenaxeará a Curros Enríquez
Xénero:
| 12 / 3 / 2014“O que se aprende cantando non se esquece máis” apuntaba Maximino Zumalave, coordinador da Sección de Música e Artes Escénicas do Consello da Cultura e director do concerto que Leva por título No bico un cantar. É a segunda edición deste proxecto promovido polo Consello da Cultura Galega coa colaboración da Consellaría de Cultura e Vegalsa Eroski que consiste nun recital de 500 nenos de conservatorios e escolas de música para cantar poemas de Curros Enríquez con música de autores contemporáneos. “O éxito da iniciativa foi testado en 2013 e este ano terá outro formato” explicaba Ramón Villares, presidente do CCG, para referirse a este proxecto que xunta poesía, música e mocidade. A cita terá lugar o 6 de xuño en Celanova.
REPORTAXE
Operación can
Data.Unha trintena de colexios participan nun concurso musical para concienciar sobre o medio