Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Ouvirmos recupera gravacións do coro Cantigas da Terra nos anos vinte

ESTAMPAS DA TERRA

Ouvirmos recupera gravacións do coro Cantigas da Terra nos anos vinte

CORAL | febreiro 8, 2008

not_11536.jpg

A discográfica Ouvirmos presenta estes días un novo disco-libro da súa colección A Tiracolo de gravacións históricas. Neste caso son as interpretacións rexistradas entre 1921 e 1928 polo coro coruñés Cántigas da Terra, que leva en activo desde 1917. Neste case século de historia, iniciada interpretando o himno galego, reuniron un variado repertorio e o arquivo coral mellor conservado. Algunhas desas pezas están agora restauradas e incluídas no número 14 desta colección: "Estampas coruñesas 1921-1928". Neles recollen a primeira gravación do clásico Negra sombra; o Himno a Galicia, que contribuíron a afianzar; e O quer que lle quer, entre outros fitos.

datos do disco