Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Coral
Música Coral
Compostela acolle o concerto infantil dedicado a Rosalía
Xénero:
| 7 / 6 / 2013No bico un cantar. Nenos e nenas cantan a Rosalía é o título da actividade que organizan para esta tarde o Consello da Cultura e mais a Consellaría de Cultura. A iniciativa consiste nun concerto no que 400 nenos e nenas de 8 a 12 anos pertencentes ao alumnado de centros de ensino musical interpretarán Maio longo, Rosa de abril, En Cornes e Negra sombra, acompañados polo grupo de metais Hércules Brass e baixo a dirección de Maximino Zumalave. Aínda que a actividade estaba prevista para se realizar na Praza da Quintana, finalmente será a igrexa de San Domingos de Bonaval a que acolla o evento a partir da 17:30 horas de hoxe.
Falece o compositor Francisco Rey Rivero
Xénero:
| 23 / 4 / 2012Considerado un dos principais impulsores do canto coral en Galicia, o compositor Francisco Rey Rivero falecía onte aos 83 anos de idade. No seu haber deixa o ter fundado agrupacións como a coral Casablanca, a Ureca ou a do Club Náutico de Vigo. Canda a isto, é autor dalgúns dos temas máis populares neste estilo, con temas como Perla antillana ou La sirena. O seu traballo valeulle premios como a medalla da Academia Galega de Belas Artes ou o premio Reconquista de Vigo, entre outros recoñecementos.
De Ruada vía exposición
Xénero:
| 17 / 9 / 2009Resumir 90 anos de intensa historia musical non é sinxelo. Ata o vindeiro 27 de setembro no Edificio Simeón de Ourense podemos ver un exemplo de como abordar este traballo. Da man da discográfica Ouvirmos a exposición Sete voces para a Coral De Ruada achéganos á historia desta histórica formación da música tradicional galega.
REPORTAXE
Operación can
Data.Unha trintena de colexios participan nun concurso musical para concienciar sobre o medio