Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / O coro Cantares do Brión publica o seu primeiro disco de repertorio

O DISCO DA AGRUPACIóN CORAL DE RECENTE CREACIóN RECOLLE TEMAS PROPIOS E OUTROS DE CORAIS HISTóRICAS

O coro Cantares do Brión publica o seu primeiro disco de repertorio

CORAL | maio 28, 2014

cantaresdobrion_arruidos.jpg

O Coro Tradicional Cantares do Brión naceu en 2010 e recolle neste seu primeiro disco de título Arruídos o repertorio destes catro anos de actividade musical. Ademais de pezas tradicionais dos catálogos doutros coros máis veteranos como Aires da Terra, Cántigas da Terra, Cantigas e Agarimos, Coral De Ruada e Toxos e Froles Arruídos inclúe obras de nova creación, composición dos membros do coro Luís Correa “Caruncho” e Pablo Rial Salgueiro, que é o director da agrupación, súas son as pezas Tríadas do vento no mar, Camiño de Ourense, Na Touba do Brión, Foliada de Vincios, Has de cantar; e outras con harmonización e arranxos para coro como é O carro, de Mero Iglesias, con letra de Manuel María. Cantares do Brión está integrado na actualidade por 60 persoas, a maioría delas do Val Miñor, fundamentalmente da parroquia de Vincios, pero tamén doutras comarcas como O Condado, O Baixo Miño, Soutomaior ou Vigo. O disco foi gravado no Centro Cultural de Vincios por Planta Sónica e mesturado en Planta Sónica.

datos do disco