Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Falece Eladio Quevedo, histórico director da Coral de Ruada

VENCELLADO á ENTIDADE DESDE NENO, FORA NOMEADO PRESIDENTE DE HONRA EN 2016

Falece Eladio Quevedo, histórico director da Coral de Ruada

CORAL | agosto 23, 2023

imaxe non dispoñible

Eladio Quevedo, que foi presidente da Coral de Ruada de Ourense entre 2002 e 2015, falecía este 22 de agosto aos 82 anos idade. Quevedo estivo implicado desde a súa infancia nesta histórica formación a tocar diferentes instrumentos e desempeñar distintos postos na súa directiva ata ocupar a presidencia.

Durante o seu mandato realizou un importante esforzo por activar a coral e puxo en marcha a escola de instrumentos tradicionais Virxilio Fernández, e diferentes certames. Foi galardoado coa medalla Marcial del Adalid da Real Academia Galega de Belas Artes. Ao ano de finalizar o a súa presidencia foi nomeado Presidente da Honra da entidade.

O velorio realízase no Tanatorio das Burgas en Ourense, e o funeral está previsto para este xoves ás 11.30 horas na igrexa de María Auxiliadora, desde onde se trasladará o corpo ao cementerio municipal de Santa Mariña.