Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A RAGBA celebra o 175 aniversario con música

A ACADEMIA RECUPERA O ESPíRITO DA GALA CELEBRADA EN 1949 POLO CENTENARIO DA INSTITUCIóN

A RAGBA celebra o 175 aniversario con música

CORAL | outubro 22, 2024

imaxe non dispoñible

A Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA) e o Concello da Coruña presentaron 'Os concertos do centenario', tres concertos para conmemorar o 175 aniversario da fundación da RAGBA. Os días 6, 7 e 8 de novembro terán lugar no Teatro Colón da Coruña, ás 20:00 horas, tres concertos nos que participarán as corais e orquestras decanas da cidade da Coruña: Cántigas da Terra; Coral Polifónica El Eco; Coral Polifónica Follas Novas; Coral Polifónica Sporting Club Casino; Banda Militar (Unidad de Música del Cuartel General del Mando de Apoyo a la Maniobra); a Orquestra Sinfónica do Conservatorio Superior de Música; e a Banda Municipal de Música.

Os concertos, de unha hora e media de duración cada un, estarán integrados exclusivamente por música de compositores galegos, históricos e actuais, con máis de 30 autores, entre os que destacan os compositores que foron académicos da Sección de Música da Real Academia Galega de Belas Artes. Con estes concertos se quere lembrar o ‘Gran Festival de Gala’ que se levou a cabo fai xustamente 75 anos, en 1949, no Teatro Rosalía de Castro, cando se conmemorou o centenario da fundación da Real Academia Galega de Belas Artes. Tamén entón participaron as agrupacións instrumentais e vocais de máis relevo da cidade, incluíndo música de compositores membros da Academia. Segundo o académico de número e comisario musical dos actos do 175 aniversario da Academia, Juan Durán Alonso, "recollemos o espírito do concerto do centenario e recuperamos, por exemplo, unha obra que se estreou ese 16 de novembro de 1949 e que non se volveu a tocar. É a ‘Marcha do Centenario’, obra composta ex profeso por Rodrigo A. de Santiago para conmemorar os cen anos da Academia", afirmou.