Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / música en galego

Música en galego

Unha xira continuará o reencontro dos Resentidos

Xénero: Rock | 17 / 4 / 2012

imaxe non dispoñible

O concerto de homenaxe que reunirá Os Resentidos en Ourense o vindeiro doce de maio non será o único da banda este ano. Cando se fan 30 anos do nacemento do grupo, os seus membros realizarán unha xira que os levará por diferentes escenarios de Galicia e de España, segundo anunciou onte o líder da banda, Antón Reixa, en Madrid. Aínda sen confirmar as datas e lugares dos recitais, o cantante adiantou que a xira está previsto que se realice entre os meses de agosto e outubro deste ano.

Kathaarsys presenta Rara Vez

Xénero: Rock | 16 / 4 / 2012

imaxe non dispoñible

Rara Vez é o título do sexto álbum de Kathaarsys que está xa dispoñible. Cinco temas que totalizan 40 minutos nos que o grupo emprega o galego nas letras e introduce por vez primeira o piano. Seguindo co espírito de experimentación que iniciaran en anteriores obras, Kathaarsys achégase a estilos como flamenco, o folk ou a música de cámara sen abandonar o seu particular estilo con influencias do metal. É precisamente no circuíto metaleiro onde se vai desenvolver a xira de presentación do disco, que xa comezou e que os levará a escenarios tan afastados como Finlandia, Letonia ou Alemaña e para a que xa teñen máis de 25 datas.

A busca dunha tradición actual

Xénero: Folk | 12 / 4 / 2012

imaxe non dispoñible

Letras de Suso de Toro e de Antón Reixa. Toques africanos e brasileiros. Achegamentos ao rap, ao blues ou mesmo á electrónica. Sonche Atlántico supón a aposta máis experimental de Pancho Álvarez. O músico pasea polos ritmos das beiras do Atlántico ao longo de 12 temas nos que busca, segundo el, “reinterpretar a música da nosa tradición nos nosos días”. O álbum, editado por Fol, está dispoñible xa nas tendas e pódese ouvir e adquirir en diferentes plataformas dixitais, como Spotify.

Xa está á venda Vellas novas, o novo disco de Quempallou

Xénero: Folk | 2 / 4 / 2012

vellas_novas_quempallou.jpg

O cuarto disco de Quempallou, Vellas novas está xa dispoñible en edición dixital e agárdase a súa chegada ás tendas a partir desta semana. O volume achega 12 novos temas nos que se mesturan letras tradicionais con novos arranxos e composicións propias, mantendo unha sonoridade na que percusións tradicionais, acordeón e cordas serven de base para frautas, gaitas e voz. No web do grupo pódense escoitar xa os temas Na Habana e Foliada do viño.

A editorial Canela dedícalle un libro-CD ao gaiteiro Nela de Bres

Xénero: Folk | 28 / 3 / 2012

capa_nela de bres.jpg

Manuel Enríquez Fernández, "Nela de Bres" é o título do libro-CD co que a Editorial Canela quere recuperar a figura deste gaiteiro do concello asturiano de Taramundi. A obra, de 200 páxinas, recolle artigos de Pablo Quintana, Juanjo Fernández, Xerardo F. Santomé, Xosé Ambás, Luis Prego e Xabier Díaz, así como 125 fotografías do músico. Pola súa banda, no CD poden escoitarse 24 temas, sete deles inéditos, gravados polo propio Nela en colaboración con outros intépretes.

Loretta Martin presenta Despois da Mandinga

Xénero: Pop | 27 / 3 / 2012

loretta_martin_mandinga.jpg

Cando fan unha década de traballo, un lustro despois do seu primeiro disco, e logo dunha separación de dous anos, os coruñeses Loretta Martin voltan á carga. Brais Morán e Fran Sanz contan con Miguel Cabana como novo batería, e acaban de tirar á luz Despois da Mandinga. O disco afonda no ritmo funk propio do grupo achegándose a estilos como a samba ou o pop. Gravado nos estudios Abrigueiro da Coruña, o álbum achega seis temas que prometen animar este verán.

Política Lingüística apoia a campaña Mil festas mais para a lingua galega

Xénero: Miscelánea | 23 / 3 / 2012

imaxe non dispoñible

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e mais a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística presentaban onte a nova xeira da campaña Mil festas mais para a lingua galega. A iniciativa, que se desenvolve desde hai preto de quince anos, emprende a súa xeira 2012 apoiándose na figura de Prudencio Romo e Os Tamara como exemplo de músicos que mantiveron a nosa lingua no contexto das festas populares. Segundo explica Xosé González Martínez, da asociación, a Secretaría amosa así o seu apopio á iniciativa e a difundirá entre os concellos qeu fan parte da Rede de Dinamización Lingüística.

Quempallou chama a colaborar co xornal que acompañará o seu novo disco

Xénero: Folk | 21 / 3 / 2012

imaxe non dispoñible

Con ocasión do inminente lanzamento do seu novo disco, Vellas novas, o grupo folk Quempallou vai publicar publicar un xornal. Cun único número, a publicación quere contar coa participación do siareiros do grupo, a quen chaman a achegar mediante as redes sociais Twitter e Facebook anécdotas nas que o traballo de Quempallou teña un papel importante. Para alén de publicar todo o material recollido, as dez mellores historias serán premiadas cun disco e mais cun exemplar do xornal. O grupo achega no seu web dous temas como adianto do disco.

Unicornibot lanza disco e inicia xira de presentación

Xénero: Alternativa | 16 / 3 / 2012

not_20606.jpg

O web Bandcamp acolle desde onte o novo disco da banda pontevedresa Unicornibot. Dálle! presenta dez temas instrumentais con doses de rock industrial. O álbum, para alén de poderse escoitar íntegro na rede, pode mercarse en formato dixital e terá, a partir do 22 de marzo, tamén unha edición en vinilo serigrafiada. O disco gravouse en directo no estudio Estudio Brazil de Madrid e ve a luz da man da colaboración dos selos Matapadre, Radix Records, Bloody Dirty Sanchez Productors, Chingaste la confianza e Odio Sonoro.

Ruxe-Ruxe volve con forza renovada en Máis cancións sobre toxos, cardos e silveiras

Xénero: Rock | 15 / 3 / 2012

not_20600.jpg

Desde o compostelán barrio de Aríns sae o oitavo traballo discográfico dos Ruxe-Ruxe, a través do seu propio selo Lobicán Records poñen na rúa Máis cancións sobre toxos, cardos e silveiras. Dezasete cancións compoñen este traballo da banda gravado en Nigrán nas instalacións de Oceano Estudio co produtor Javier Abreu como xa fixeran no anterior traballo Na fura de diante(Lobicán records,2010). Como é habitual no grupo foron quen de congregar valiosas colaboracións para o seu disco como Xavier Díaz (Berrogüetto), Dios ke Te Krew, Roi Maceda (Quempallou), Bocixa (Zenzar) e Esteban (Skacha).

<< Inicio / Anterior . 841 a 850 de 1395 . Seguinte \ Fin >>