Ti estás aquí > Inicio / música en galego
Música en galego
O Conservatorio de Música Tradicional de Vigo pasará a ser Escola
Xénero:
| 10 / 10 / 2007A Concellaría de Educación de Vigo informa de que teñen a intención de converter o Conservatorio de Música Tradicional nunha Escola que se integre na Escola Municipal de Música. Novas dependencias e a estabilidade laboral dos ensinantes, “facendo fixos ou interinos a toda a xente posible” son as novas propostas para o centro, segundo asegura a titular do departamento, Laura López Atrio, que engadiu que o novo espazo terá "mellores condicións" e “unha orientación educativa avanzada".
Máis información no noso tema sobre os problemas dos conservatorios de música tradicional
Luar na Lubre presenta o seu novo disco e inicia xira na Coruña
Xénero: VIDEO
| 8 / 10 / 2007 +Con “Camiños da fin da terra”(Warner Music) a formación liderada por Bieito Romero acada o décimo disco da súa carreira musical. O álbum sairá a venda o vindeiro día 23 de outubro presentarse nas instalación da Fnac da Coruña ese mesmo día; contén catorce cancións inspiradas nas tradicións, lendas, paisaxes e personaxes que conforman a identidade galega e a súa ascendencia celta. Luar na Lubre dará o seu primeiro concerto oficial da xira de presentación de “Camiños da fin da terra” no Teatro Colón da Coruña o día 25 deste mes seguindo despois polo resto do Estado e en Alemaña. A banda folk xa adiantou o seu primeiro videoclip do disco, a canción “Os Animais”, unha popular melodía de orixe irlandesa cunha letra de inspiración bíblica adaptada neste caso polo poeta Xabier Cordal.
Dezasete localidades acollerán os encontros de sesenta e dúas corais do país
Xénero:
| 5 / 10 / 2007A Consellaría de Cultura e a Federación Coral Galega organizan un programa de encontros de corais para dar a coñecer o traballo musical que elaboran estas formacións musicais no noso país. As actuacións comezarán mañá na Casa da Cultura do Milladoiro, no concello de Ames e durarán até o 23 de decembro. Os concellos nos que haberá actuación son os seguintes: Brión, Carballo, A Coruña, Ferrol, Narón, Noia, Outes, Sada, Santiago de Compostela, Vimianzo, O Rosal, Oia, A Gudiña, Vigo, Vilaboa e Ourense. En total serán 62 as corais participantes nas actuacións que se desenvolverán en 17 localidades. Nos eventos a coral local encárgase de darlle a acollida ás corais visitantes.
Máis información na Consellaría de Cultura e Deporte
Artistas da discográfica Falcatruada participarán dunha mesa redonda sobre a proxección internacional da súa musica
Xénero:
| 24 / 9 / 2007No Forum das instalacións da Fnac na Coruña reuniranse hoxe ás 19:30 horas diferentes artistas cun nexo común: editar co selo discográfico Falcatruada. Baixo o título de “Sons de Galiza. Enfeitizando o mundo” membros de Lamatumbá falarán da súa experiencia no Popkomm de Berlín; a coruñesa Silvia Penide falarán da súa traxectoria polos escenarios de Italia, Eslovenia ou Croacia; Tamén estará alí Guadi Galego, nomeada aos Grammy latinos, membro de Espido, voz e gaita de Berrogüetto, e unha dos tres integrantes de Nordestin@s, xunto con Abe Rábade, que tamén participará na mesa redonda. A proxección da música galega que percorre o mundo e cómo o fenómeno da Internet fai que estes artistas teñan miles de fans inscritos nos seus foros web son algúns dos temas que sairán a debate neste interesante encontro.
A Escola de Gaitas da Deputación buscará outro local para dar clases en Cangas
Xénero:
| 21 / 9 / 2007O deputado provincial e ex-alcalde de Cangas José Enrique Sotelo acusou de sectarismo ao actual goberno local cangués por rexeitar o servizo da Escola de Gaitas da Deputación. Noutro episodio deste enfrontamento entre visións contrapostas da didáctica da tradición musical Sotelo asegurou que, pese a non dispor das instalacións municipais , o prazo de matrícula segue aberto e xa hai conversas para conseguir un novo local para as clases. Sotelo asegurou que de manterse a demanda por parte dos alumnos o curso seguirá adiante aínda que non dispoñan do Auditorio. Este é o segundo desencontro da deputación no tema das escolas de gaitas, hai dous anos romperon relacións coa Asociación de Gaiteiros galegos polo mesmo asunto.
Máis información en La Voz de Galicia e nos nosos arquivos
Cangas rexeita a escola de gaitas da Deputación de Pontevedra
Xénero:
| 20 / 9 / 2007O debate sobre o modelo de escolas de gaitas de Deputación de Pontevedra volta á actualidade. Desta volta é o Concello de Cangas o que rexeita continuar a súa colaboración neste sentido co organismo provincial por considerar que o modelo de ensino non se corresponde co estilo tradicional galego. Esta acción reabre o acendido debate que sobre estes centros se desenvolveu ao longo de 2005 entre a Asociación de Gaiteiros Galegos e a Deputación.
Máis información no Faro de Vigo, La Voz de Galicia e nos nosos arquivos
Os boirenses Supersandwich gañan a primeira edición do certame “Nsaio no camiño”
Xénero: VIDEO
| 17 / 9 / 2007 +Na final celebrada o pasado sábado máis de catro milleiros de persoas reuníronse no Pazo de Feiras e exposicións de Lugo para ver as actuacións dos seis grupos finalistas e a posterior actuaciópn do grupo Los Suaves. Supersandwich, formado por once músicos, acudiu como finalista na categoría de mestizaxe do certame. Os composteláns “Pito de Pikasso” foron finalistas na modalidade de rock, o grupo de Ponteareas Capitán Furilo o foron na categoría de pop mentres de Colectivo Oruga, Coanhadeira e Solemne eran finalistas nas categorías de novas tendencias, folk e hip-hop respectivamente. Supersandwich mestura a rumba o ska e o rock sobre unha base funky. O premio, valorado en 30.000 euros, consiste na gravación e promoción dun disco. A Dirección Xeral de Xuventude anunciou a intención de editar un disco coas cancións dos finalistas e a preparación dunha segunda edición deste certame.
Máis información en El Progreso
Os compositores galegos de finais do XIX trasladaron á música a identidade do país
Xénero:
| 14 / 9 / 2007Cando se cumpren cen anos da estrea oficial do himno galego na Habana, a Universidade de Santiago celebra unhas xornadas para pór en común diferentes visións sobre o papel identitario que desenvolveu a música no século XIX. Precisamente un dos profesores participantes das xornadas, Luís Costa, explica que os coros e os compositores galegos desenvolveron un papel fundamental no desenvolvemento da nosa identidade. Na súa opinión, tanto Aires da Terra, que marcou os camiños do coralismo, como Veiga, Montes ou Chané como directores de diferentes orfeóns, foron quen de ofrecer música con carácter voluntario.
Máis información en Galicia Hoxe
Unha edición facsímile recupera o “Cancioneiro Gallego” de Bal y Gay
Xénero:
| 13 / 9 / 2007Vigo acollerá a presentación a vindeira semana unha edición facsímile do “Cancioneiro Gallego”. Esta obra do músico Bal y Gay, considerado un dos piares da nosa etnomusicoloxía, foi a primeira que se desenvolveu a través dunha recollida no rural e supuxo unha ruptura cos sistemas de traballo previo. O libro conta cun prólogo do catedrático da USC Carlos Villanueva, que reclamou a necesidade de recuperar material inédito vencellado a esta obra.
Máis información en Galicia Hoxe e nos nosos arquivos
O segundo disco de Fanny + Alexander saerá á rede no vindeiro outubro
Xénero: AUDIO + VIDEO
| 12 / 9 / 2007 +O segundo disco longo do dúo compostelán Fanny+Alexander verá a luz o vindeiro mes de outubro no netlabel A Regueifa a súa obra baixo licenza Creative Commons. Co título de "Finais dos 70s, comezos dos 80s" Noel Feáns e Efi Arias presentan nove temas, sete propios e dúas versións de Fuxan os Ventos e The Smiths, nos que continúan o vieiro iniciado no seu debut Lusco e Fusco mesturando pop, electrónica, rock, hip-hop e música tradicional galega. As letras serán, de novo, adaptacións de obras de poetas galegos, dende Elvira Riveiro a Pilar Pallarés pasando por Daniel Salgado, Carvalho Calero e Lois Pereiro. O primeiro “single”, “Danzarei para ti (se botas outra moeda)”, xa pode escoitarse no seu Myspace, mirarse en Youtube e e descargarse en mp3 na Regueifa.
novidades discográficas
O Noso Tempo
Hugo Guezeta
Cāldo
Catuxa Salom
Vertentes
Garza
Obra social
ORTIGA
Barullo
Baiuca