Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Os boirenses Supersandwich gañan a primeira edición do certame “Nsaio no camiño”

UN BOCADO NO CAMIñO

Os boirenses Supersandwich gañan a primeira edición do certame “Nsaio no camiño”

MISCELáNEA | setembro 17, 2007

not_10650.jpg

Na final celebrada o pasado sábado máis de catro milleiros de persoas reuníronse no Pazo de Feiras e exposicións de Lugo para ver as actuacións dos seis grupos finalistas e a posterior actuaciópn do grupo Los Suaves. Supersandwich, formado por once músicos, acudiu como finalista na categoría de mestizaxe do certame. Os composteláns “Pito de Pikasso” foron finalistas na modalidade de rock, o grupo de Ponteareas Capitán Furilo o foron na categoría de pop mentres de Colectivo Oruga, Coanhadeira e Solemne eran finalistas nas categorías de novas tendencias, folk e hip-hop respectivamente. Supersandwich mestura a rumba o ska e o rock sobre unha base funky. O premio, valorado en 30.000 euros, consiste na gravación e promoción dun disco. A Dirección Xeral de Xuventude anunciou a intención de editar un disco coas cancións dos finalistas e a preparación dunha segunda edición deste certame.

Máis información en El Progreso

VIDEO | Estás buenísima