Ti estás aquí > Inicio / DISCO / O segundo disco de Fanny + Alexander saerá á rede no vindeiro outubro
O segundo disco de Fanny + Alexander saerá á rede no vindeiro outubro
setembro 12, 2007
O segundo disco longo do dúo compostelán Fanny+Alexander verá a luz o vindeiro mes de outubro no netlabel A Regueifa a súa obra baixo licenza Creative Commons. Co título de "Finais dos 70s, comezos dos 80s" Noel Feáns e Efi Arias presentan nove temas, sete propios e dúas versións de Fuxan os Ventos e The Smiths, nos que continúan o vieiro iniciado no seu debut Lusco e Fusco mesturando pop, electrónica, rock, hip-hop e música tradicional galega. As letras serán, de novo, adaptacións de obras de poetas galegos, dende Elvira Riveiro a Pilar Pallarés pasando por Daniel Salgado, Carvalho Calero e Lois Pereiro. O primeiro “single”, “Danzarei para ti (se botas outra moeda)”, xa pode escoitarse no seu Myspace, mirarse en Youtube e e descargarse en mp3 na Regueifa.
Tamén che pode interesar:
- 16/ 1/ 2024 | Fanny & Alexander remesturan as voces femininas da música galega
- 23/ 11/ 2022 | Fanny & Alexander volven cun disco reparador de perdas
- 7/ 5/ 2009 | Fanny + Alexander adapta textos de poetas galegos no seu novo traballo
- 13/ 10/ 2008 | A revista de rock dos Países Cataláns distribuirá un CD de música galega actual
- 19/ 5/ 2008 | Volve Projecto Mourente cun novo disco de pop electrónico caseiro para bailar