Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Unha edición facsímile recupera o “Cancioneiro Gallego” de Bal y Gay
Unha edición facsímile recupera o “Cancioneiro Gallego” de Bal y Gay
setembro 13, 2007
Vigo acollerá a presentación a vindeira semana unha edición facsímile do “Cancioneiro Gallego”. Esta obra do músico Bal y Gay, considerado un dos piares da nosa etnomusicoloxía, foi a primeira que se desenvolveu a través dunha recollida no rural e supuxo unha ruptura cos sistemas de traballo previo. O libro conta cun prólogo do catedrático da USC Carlos Villanueva, que reclamou a necesidade de recuperar material inédito vencellado a esta obra.
Máis información en Galicia Hoxe e nos nosos arquivos