Arquivo

36.199 noticias desde o ano 2000

X
3.260 resultados Busca: "Culturagalega"

Guadi Galego deixa Berrogüetto e entra Xabier Díaz a substituíla

Berrogüetto muda a voz

  • Nun comunicado aos medios o emblemático grupo folk Berrogüetto ven de anunciar dous importantes cambios na súa formación. Deixa o grupo a cedeirense Guadi Galego, cantante e gaiteira de Berrogüetto durante 10 anos, e entra nel, ocupando as mesma...

José Luis Prieto presenta en Narón o primeiro espectáculo da súa nova compañía

Compañía propia

  • 40 pasos. É o nome da nova compañía de Jose Luís Prieto, o autor teatral galego que conta no seu haber con dous premios Max. A nova agrupación presentará en Narón os vindeiros 25 e 26 de xaneiro o seu primeiro espectáculo “O ridículo desam...

A Fundación Caixa Galicia exhibe os fondos de Lugrís no centenario do seu nacemento

Centenario Lugrís

  • Urbano Lugrís foi pintor, muralista, poeta, deseñador pero, sobre todo, unha figura fundamental da arte galega do século XX. Co gallo do centenario do seu nacemento, a Fundación Caixa Galicia abre na Coruña unha exposición na que dá a coñecer...

Abre o Centro Técnico San Martín, que abordará restauracións no Bispado de Ourense

Ao bispado para restaurar

  • A Fundación Santa María Nai, dependente do Bispado de Ourense, ten xa en marcha o seu centro superior de restauración. O pioneiro Centro Técnico San Martín, conta con cinco talleres, dúas salas de estudos e tres almacéns nos que se recuperará...

O IGAEM potencia a distribución e a produción nas axudas para o sector escénico e musical

Axudar o espectáculo

  • O vindeiro luns 14 sairá publicada a convocatoria das axudas para o sector escénico e musical, pero o boletín e-scena do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais avanza algúns datos. En primeiro lugar, que esta entidade destinará 2.120.0...

Un colectivo ourensán crea o Centro de Interpretación Virtual do Entroido

Entroido unido

  • Ata o momento non existía no noso país unha entidade que centralizase o coñecemento sobre os nosos variados costumes de Entroido. Agora, o colectivo Homo Ludens, que reúne estudosos deste fenómeno de diferentes vilas ourensáns, está a traballa...

A Torre de Hércules será rehabilitada mentres aspira a ser Patrimonio da Humanidade

Torre erosionada

  • Inmersos na carreira de celebracións e, ao mesmo tempo, de documentación para ser declarada Patrimonio da Humanidade, o deterioro da Torre de Hércules continúa imparable. Por iso, as tres administracións implicadas na súa xestión (o Estado a t...

A Deputación de Pontevedra abrirá o seu patrimonio ao turismo

Visitas deputadas

  • Espazos tan emblemáticos coma os pazos de Lourizán, Gandarón ou o Areeiro, todos eles propiedade de Deputación de Pontevedra, abrirán ás súas portas ao turismo. O organismo provincial anunciou a súa intención de comezar o vindeiro mes unha s...

Mariñeiros retirados farán de guías no Museo do Mar

Catro vellos mariñeiros…

  • O director do Museo do Mar, Pablo Carrera, anunciou a súa intención de contar en breve con mariñeiros retirados que actúen coma guías no centro. Segundo Carrera, o coñecemento que teñen estes traballadores do medio fainos nas persoas idóneas ...

A segunda cadea de Televisión de Galicia comezará a emitir o 25 de xullo

TVG-2

  • G2. Este é o nome que ten a segunda cadea que Televisión de Galicia porá en marcha o 25 de xullo deste ano. É o primeiro paso que dá o ente público na transición á televisión dixital, ante a desaparición da analóxica prevista para abril de...

Comezan iniciativas de recuperación nos mosteiros de Lobás e Oia

Mosteiros en marcha

  • O mosteiro de Lobás, no Carballiño, está a dar os primeiros pasos para a súa recuperación. O acordo entre o concello e mais Patrimonio permitiu comezar os traballos do anteproxecto para recuperar ese edificio en ruínas. O concello pretende tran...

O Ministerio de Cultura organizará unha mostra sobre a etapa coruñesa de Picasso

Picasso, neeeno!

  • Unha exposición centrada na obra que Picasso realizou na Coruña, entre os dez e os catorce anos (1891-1895). Esta é a proposta que o Ministerio de Cultura achegará, este ano ou o que vén, á cidade herculina. O proxecto, que amosará tamén trab...

O inicio das obras do Auditorio de Vigo demóranse unha vez máis

Auditorio aberto

  • O proxecto do Auditorio de Vigo leva camiño de se converter noutra das obras culturais que se eternizan no noso país. Malia aos repetidos anuncios do rexedor olívico, Abel Caballero, as máquinas non comezaron onte os seus traballos. O alcalde rec...

O proxecto de recuperación da Vía Nova medra coa ollada posta no UNESCO

Máis Vía Nova

  • Hai xa anos que comezaron os traballos de recuperación da Vía Nova, a antiga calzada romana que unía Braga con Astorga. Agora, o grupo de concellos galegos e portugueses que desenvolven este proxecto, queren ampliar a iniciativa e sumar tamén as ...

A visita de Molina a Compostela incrementa a tensión entre Ministerio e Consellaría de Cultura

O ronsel do ministro

  • A conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, calificou de “electoral” o acto no que o ministro de Cultura e mais o presidente da Xunta, César Antonio Molina, presentaron o pasado mércores a cesión da biblioteca de Compostela, ao que ela non acud...

O Museo do Pobo comeza 2008 abrindo unha sala dedicada á imprenta

A imprenta do pobo

  • A anunciada sala do Museo do Pobo dedicada á imprenta e ao libro en Galicia é xa unha realidade. O novo espazo abría onte as súas portas co patrocinio do Xacobeo e a presenza do director xeral de Turismo, Rubén Lois e do presidente do padroado d...

Duascentas mil persoas apoian a candidatura da Torre de Hércules a Patrimonio da Humanidade

Torre de sinaturas

  • A campaña de recollida de sinaturas para amosar o apoio social a que a UNESCO declare a Torre de Hércules Patrimonio da Humanidade vai vento en popa. Nada menos 200.000 persoas amosaron xa o seu apoio a esta iniciativa. O alcalde da Coruña, Javier...

Unha mostra na Rioxa recupera a obra gráfica de Víctor Coyote

Coyote en Logroño

  • Aínda que coñecido sobre todo pola súa faceta musical, Víctor “Coyote” Aparicio ten unha ampla carreira como creador gráfico, na que tamén tocou a BD. Agora a exposición “Traballos por aspersión”, incluída no Escenario de Culturas Co...

Innovación prepara un programa novo para captar a científicos que traballan no estranxeiro

Científicos con volta

  • Recuperar científicos galegos que traballan no estranxeiro. Esta era a filosofía que estaba por detrás do programa Isidro Parga Pondal que presentou a Consellaría de Innovación. Un proxecto que conta cunha nova edición e que se complementa con ...

Santiago recibe a transferencia do Banco de España para convertelo en Museo

Museo cedido

  • A cesión do edificio do Banco de España ao Consorcio de Santiago tivo lugar onte, tal e como estaba previsto. E o seu novo uso será o de museo das Peregrinacións e de Santiago que se repartirá con outros dos edificios máis: Casa Gótica (sede a...