A Deputación de Pontevedra abrirá o seu patrimonio ao turismo

Visitas deputadas

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Espazos tan emblemáticos coma os pazos de Lourizán, Gandarón ou o Areeiro, todos eles propiedade de Deputación de Pontevedra, abrirán ás súas portas ao turismo. O organismo provincial anunciou a súa intención de comezar o vindeiro mes unha serie de itinerarios turísticos e culturais polos seus centros, nos que se inclúe o Museo de Pontevedra. O proxecto baralla desenvolver visitas centradas no ámbito cultural, outras nas que se dea a coñecer o traballo científico que se desenvolve nos centros de investigación que dependen desta entidade e aínda algúns centros en aspectos arquitectónicos e sociais. As visitas desenvolveranse durante a fin de semana.

Máis información na edición de hoxe deAtlántico Diario; o labor cultural das deputacións nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
15 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Turismo, Deputación de Pontevedra, Culturagalega, Museo de Pontevedra...