Os museos vigueses inician o ano constatando un ascenso no número de visitas

A costa de xaneiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Os museos de Vigo ofreceron estes días un balance da súa afluencia de visitantes no ano que acaba de rematar. O Museo do Mar tivo 25.000 visitas, o Verbum 15.000, o Marco 60.000 e o Quiñones de León 30.000, mentres que o Massó de Bueu tivo 20.071. Uns números que, agás no caso do Quiñones que se mantivo, supuxeron un aumento de visitantes para os centros vigueses. O concelleiro de cultura vigués, Ignacio López-Chaves, recibiu os datos con optimisimo e asegurou que o sector aínda pode medrar moito nos próximos anos.

Máis información no Faro de Vigo, en Atlántico Diario e no Diario de Pontevedra

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museos, Diario de Pontevedra, Verbum, Faro de Vigo...