As reformas pechan o Museo do Mar e mais a sala de arqueoloxía do Museo Quiñones de León en Vigo

Peches museísticos de Vigo

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O Consorcio da Zona Franca de Vigo decidiu iniciar xa as previstas melloras no edificio do Museo do Mar. Arredor de dous millóns de euros investiranse en dotar dun sistema de climatización o edificio principal do complexo, o que obrigará ao peche do centro durante o primeiro semestre do ano 2006. A organización que xestiona o museo agarda que nese período se concrete o traspaso do mesmo á Consellaría de Cultura. Ao tempo, tamén en Vigo, a sala de arqueoloxía do Museo Quiñones de León, en Castrelos, tamén ten que pechar por obras para solucionar os problemas de humidade que sufre. Durante un mes estas instalacións permanecerán clausuradas mentres se tenta impermeabilizar a zona e se acondiciona tamén a iluminación do centro.

Máis información na edición de hoxe de Atlántico Diario, e en La Voz de Galicia sobre o museo de Castrelos; máis sobre o Museo do Mar nos nosos arquivos e no web do centro

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Arqueoloxía, Museo Quiñones de León, La Voz de Galicia...