Logo da tormenta que está a causar a decisión do Concello de Vigo de despezar finalmente o pesqueiro Bernardo Alfageme, o Consorcio da Zona Franca da Cidade OlÃvica anunciou onte que porá á venda a goleta Ella, adquirida hai dous anos para o Museo do Mar. Este barco, que debÃa ser restaurado e integrado dentro das actividades do centro con fins didácticos e promocionais, está na actualidade en tan mal estado que o Consorcio Zona Franca anunciou a súa venda en poxa pública ante a imposibilidade de o restaurar. Pola contra, na outra banda da RÃa, representantes do Centro de Estudos de MamÃferos Mariños (Cemma) entrevistábanse onte co alcalde de Cangas para achegar a súa colaboración na creación do Museo da balea e dun centro de recuperación de cetáceos nesta vila.
Máis información sobre os problemas da goleta en Faro de Vigo (ligado a cache de Google); sobre o Bernardo Alfageme nos nosos arquivos; sobre o apoio do Cemma ao Museo da Balea en Atlántico Diario; máis sobre o Museo da Balea nos nosos arquivos