Vigo queda sen biblioteca e reclámalle a cultura que se implique na recuperación do Bernardo Alfageme

Reclamacións olívicas

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O Ministerio de Cultura apuntou que polo momento non construirá unha biblioteca en Vigo por non haber dotación para este equipamento nos orzamentos de 2007. O Goberno contestaba así a unha resposta do deputado popular Carlos Mantilla. Pola súa banda, a alcaldesa Corina Porro reclamaba onte que a Consellaría de Cultura participe na rehabilitación do barco Bernardo Alfageme e que esta nave se incorpore aos fondos do Museo do Mar. Porro facía esta reclamación logo de participar na primeira xuntanza do padroado deste centro despois da súa transferencia a ese departamento. Ao tempo, o padroado sinalou que o museo orientará a súa actividade cara contidos pedagóxicos, con visitas guiadas, e unidades didácticas.

Máis información no Faro de Vigosobre a biblioteca; sobre o Bernardo Alfageme e nos nosos arquivos sobre o barco; sobre a biblioteca; sobre o Museo do Mar

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Culturagalega, Faro de Vigo, Ministerio de Cultura