A fin de semana de portas abertas que implantou o Museo de Arte Contemporánea de Vigo con ocasión dos tres anos da súa apertura valeulle ao centro para superar a súa propia marca de visitas. Nada menos que 4.729 persoas pasaron polo centro entre o vneres once e o domingo 13 de novembro. Pola súa banda, o Verbum-Casa das Palabras, subiu nun 30% as súas visitas no que vai de ano a respecto do mesmo perÃodo de 2004, chegando a 13.638 visitas entre xaneiro e outubro de 2005. O director do centro, Lois Cea, anunciou a posta en marcha dun programa de apadriñado polo que se convida a empresas e entidades a que asuman o mantemento e xestión de cada un dos vinte e nove módulos interactivos dos que conta o centro.
Máis información no web do MARCO en Faro de Vigo e no Xornal do Concello de Vigo