Santiago recibe a transferencia do Banco de España para convertelo en Museo

Museo cedido

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A cesión do edificio do Banco de España ao Consorcio de Santiago tivo lugar onte, tal e como estaba previsto. E o seu novo uso será o de museo das Peregrinacións e de Santiago que se repartirá con outros dos edificios máis: Casa Gótica (sede actual do Museo das Peregrinacións) e a Casa do Cabildo (a piques de concluír o proceso de expropiación). O Ministerio de Economía e Facenda taxou o Banco de España en 4.2 millóns de euros, por debaixo do seu valor real, para non reducir a achega prevista por este departamento para o Consorcio que se situa en 12.5 millóns. Agora comeza a rehabilitación do centro que corre a cargo de Manuel Gallego Jorreto e que ten previsto inaugurarse no 2010.

Máis información en La Voz de Galicia e na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo das Peregrinacións, Manuel Gallego Jorreto, Manuel Gallego, Economía...