A cidade de Santiago e as peregrinacións contarán cun centro museístico na capital galega

Museos composteláns

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A praza das Praterías, ao carón mesmo da Catedral, será o contorno do futuro Museo da Cidade de Compostela. O antigo edificio do Banco de España acollerá este centro, que tamén prestará atención á historia das peregrinacións. A Casa do Cabido, na mesma praza, incorporarase no futuro ás instalacións desta entidade. Por outra banda, a cidade achegará un novo edificio para Museo de Historia Natural, que actualmente está instalado nos baixos da Facultade de Química da Universidade.

Máis información en La Voz de Galicia e en El Correo Gallego

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museos, Catedral, El Correo Gallego, La Voz de Galicia...