A sede compostelá do Banco de España converterase no Museo da Cidade e Caixanova abrirá a súa sede na praza de Cervantes

De Praterías a Cervantes

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O 31 de decembro de 2004 a sucursal do Banco de España que funcionaba en Santiago pechou as súas portas. Desde entón o Concello, a través do Consorcio, tentou a cesión deste edificio situado estratexicamente ao pé da Catedral, na praza de Praterías. Segundo publica hoxe "La Voz de Galicia", o Consorcio presentou un proxecto no que conflúen os intereses do concello e das administracións autonómica e estatal, e que fai posible que o edificio se converta no futuro Museo de Santiago e das Peregrinacións. Por outra banda, Caixanova é a última entidade financeira en ter unha sede no centro histórico compostelá. A entidade creará un centro cultural e un auditorio na sede do Banco Gallego en Cervantes.

Máis información en La Voz de Galicia sobre Museo de Santiago e das Peregrinacións e a nova sede de Caixanova

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cervantes, Caixanova, La Voz de Galicia, Catedral

Claves

Conceptos
Lugares