Caixanova presenta a súa nova sede en Pontevedra, que contará cun amplo auditorio

Nova Caixa para a cultura

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
César Portela foi o encargado de desenvolver o proxecto da nova sede da entidade financeira Caixanova en Pontevedra, que se presentou onte. Este edificio, que respectará a fachada da sede histórica de Caixa Pontevedra, unificará os tres inmobles contiguos que actualmente ocupa o banco. O espacio resultante estará ocupado por un auditorio de oitocentas prazas, ademais de varias salas de exposicións, aulas, unha sala de conferencias e as sedes da Escola Galega de Administración Pública e do Centro de Iniciativas Sociais.

Máis información en La Voz de Galicia e no web de Caixanova

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Caixanova, Pontevedra, César Portela, Exposicións...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares